viernes, 16 de marzo de 2018

AXUDAS AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS, A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA AGRICULTORES MOZOS E CREACIÓN DE EMPRESAS PARA DESENVOLVEMENTO DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2018 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:
a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedementos MR405A).
b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos (incorporación de mozos á actividade agraria, procedemento MR404A).
– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).
Estas axudas teñen como finalidade:
a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.
Persoas beneficiarias
En función do tipo de axuda solicitada, as seguintes persoas poderán ser beneficiarias:
a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).
a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.
b. Agricultores mozos que se instalan nunha explotación de nova creación.
b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos (procedemento MR404A).
a. Calquera persoa física que, no momento de presentar a solicitude, no teña máis de corenta anos, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe da dita explotación.
– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).
a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.