miércoles, 28 de marzo de 2018

SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DE ARTES ESCÉNICAS E DE MÚSICA 2018

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
A concesión de axudas, polo procedemento de concorrencia competitiva, aos organizadores de festivais de música ou de artes escénicas celebrados en Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
a) Celebración: o festival debe levarse a cabo entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018. Enténdense incluídos os festivais iniciados ata o día 31 de outubro que desenvolvan a maioría das actividades neste período.
b) Antigüidade: o festival ten que ter realizado un mínimo de dúas edicións, excluída a edición obxecto desta convocatoria.
c) Contratación artística: o festival ten que ter un orzamento mínimo de contratación artística do 40 % do orzamento subvencionable para a modalidade A (festivais de música) e un 30 % do orzamento subvencionable para a modalidade B (festivais de artes escénicas).
d) Programación: o festival debe ofrecer un mínimo de seis compañías ou grupos.
e) Presenza de compañías galegas: só para a modalidade B (festivais de artes escénicas), as formacións ou compañías maioritariamente compostas por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade profesional en Galicia teñen que representar, como mínimo, o 20 % do orzamento de contratación profesional artística do festival ou un mínimo do 30 % do total das actuacións profesionais artísticas que se ofrezan. Quedan excluídos do cumprimento deste requisito os festivais presentados á modalidade A (festivais de música).
f) Entradas de pago: polo menos un 50 % dos concertos ou representacións escénicas teñen que ser con entradas de pago, excepto os festivais de artes escénicas de rúa.
Persoas beneficiarias
Persoas físicas e xurídicas de carácter privado domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS FINANCIAMENTO DE GASTOS CORRENTES DA REALIZACIÓN DE FESTIVAIS, FEIRAS, MOSTRAS, CICLOS E CERTAMES DE ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS DE CARÁCTER AFECCIONADO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Finalidade
A concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a financiar os gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado para o ano 2018.
Para os efectos desta convocatoria, entenderanse por programas ou actividades culturais concretas aqueles destinados á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúan ao espallamento e á promoción da cultura en Galicia.
Entidades beneficiarias
Institucións sen fin de lucro domiciliadas en Galicia, así como as entidades locais galegas e agrupacións de concellos que leven a cabo algún dos eventos descritos no obxecto da convocatoria.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA REHALUGA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Obxecto
Subvencións dirixidas ás persoas que sexan propietarias ou usufrutuarias das vivendas en que se realizaron actuacións para a súa incorporación ao Programa de vivendas baleiras, no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.
Serán subvencionables as seguintes actuacións:
a) Obras de conservación e mantemento.
b) Obras de rehabilitación precisas para garantir a habitabilidade da vivenda, así como o correcto funcionamento das súas instalacións ou a súa adaptación á normativa vixente.
c) Axustes na distribución interior da vivenda que non impliquen unha alteración substancial da súa configuración.
As citadas actuacións deberán ter sido consideradas necesarias no informe municipal emitido para a incorporación da vivenda ao Programa de vivendas baleiras e, ademais, deberán estar feitas no momento de presentación da solicitude da axuda.
Persoas beneficiarias
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas, así como as persoas xurídicas privadas, que sexan propietarias ou usufrutuarias das vivendas e, pola súa vez, promotoras das actuacións subvencionables.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2018 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

martes, 27 de marzo de 2018

SUBVENCIÓNS PARA PROGRAMACIÓN DE ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS ÁS PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e ámbito de aplicación
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución das accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, correspondentes aos exercicios de 2018 e 2019, xestionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través das súas xefaturas territoriais. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.
Entidades beneficiarias
Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refire a presente convocatoria as entidades que, na data de entrada en vigor desta orde, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados no correspondente certificado de profesionalidade ou tivesen solicitado a inscrición mediante declaración responsable nesa data na correspondente especialidade formativa, na Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS EXTRAORDINARIAS A PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (PR905A).

Obxecto
A concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia e carezan de recursos suficientes.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
a) As persoas galegas e nadas en Galicia.
b) Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nadas en Galicia.
Todas as persoas beneficiarias deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de agosto de 2018, incluído.

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE AXUDAS ECONÓMICAS INDIVIDUAIS PARA PERSOAS RESIDENTES NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
A concesión de axudas económicas individuais e de carácter extraordinario, non periódico e social para o ano 2018, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixido ás persoas emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes nos países do estranxeiro establecidos no artigo 3.2, que se encontren en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.
Persoas beneficiarias
As persoas emigrantes galegas e os/as seus/súas fillos/as maiores de 18 anos, que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior, de acordo co establecido no parágrafo seguinte deste punto, e que o acrediten segundo o establecido no artigo 14 da resolución.
Para os efectos da presente convocatoria, terán a condición de persoas galegas residentes no exterior aquelas persoas emigrantes que naceron en Galicia ou que acrediten que residiron en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española, así como tamén os/as seus/súas fillos/as maiores de 18 anos que teñan nacionalidade española e que se encontren vinculados/as con calquera concello galego no censo electoral de residentes no exterior.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 26 de marzo de 2018

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE INSTALACIÓN DE ASCENSORES E OUTROS DISPOSITIVOS DE ACCESIBILIDADE EN EDIFICIOS E VIVENDAS UNIFAMILIARES

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Obxecto
Subvencións dirixidas á instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex, así como en vivendas unifamiliares, que carezan deles.
Entidades beneficiarias
Poderán beneficiarse destas axudas as comunidades de persoas propietarias, as persoas físicas propietarias únicas de edificios de vivendas, as persoas físicas propietarias dun dúplex nun edificio de tipoloxía residencial colectiva e as persoas físicas propietarias dunha vivenda unifamiliar.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de maio de 2018 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

viernes, 23 de marzo de 2018

AXUDAS Á APICULTURA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento MR506A, MR506B).
2. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural.
Beneficiarios e requisitos
1. Poderán optar ás axudas previstas no artigo 3 da orde:
a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas. Será requisito para a obtención destas axudas estar inscrito no Rexistro Oficial Apícola da Comunidade Autónoma de Galicia, polo menos con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2018. Ademais, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
b) Cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, integradas na súa maioría por apicultores que cumpran os requisitos da letra a).
Un mesmo apicultor só poderá ser beneficiario de axuda por unha mesma actuación de forma única para cada unha das súas colmeas, ben a título individual ben como integrante dunha cooperativa ou asociación ou agrupación de produtores.
As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao seu titular ao cobramento de axudas.
2. Para poder acollerse ás ditas medidas da axuda, os apicultores, a título individual ou como integrantes dunha cooperativa ou organización representativa, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Dispoñer dun seguro de responsabilidade civil.
b) Ser titulares dunha explotación con máis de 50 colmeas, se solicitan axuda para realizar a transhumancia.
c) Ter realizada a declaración censual anual obrigatoria referida ao 31 de decembro de 2017.
d) Realizar polo menos un tratamento ao ano fronte á varroase, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS DE MOBILIDADE COMPLEMENTARIAS DO PROGRAMA ERASMUS+

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


 Obxecto
Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao estudantado de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2017/18.
Requisitos
Cidadáns/ás da Unión Europea ou estranxeiros/as non comunitarios/as con residencia legalizada no Estado español, matriculados/as no curso 2017/18 en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas artísticas superiores, que obtivesen unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2017/18 e non gozasen desta axuda en convocatorias anteriores.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.


AXUDAS Á COLABORACIÓN NO FINANCIAMENTO DE INTERVENCIÓNS ARQUEOLÓXICAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Finalidade
A concesión de axudas, polo procedemento abreviado de concorrencia non competitiva, aos promotores particulares de calquera tipo de obras que afecten un conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados ou inventariados, nos casos en que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou a figura de planeamento vixente determine a necesidade de realizar intervencións arqueolóxicas, en concepto de colaboración no financiamento do custo da execución do proxecto arqueolóxico realizado de acordo cos requisitos establecidos nos artigos 96 e 97 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
Persoas beneficiarias
Empresarios (persoas físicas ou xurídicas) e as persoas físicas e xurídicas sen ánimo de lucro que promovesen as intervencións arqueolóxicas comprendidas no ámbito desta orde, desenvoltas en bens inmobles de titularidade privada, sempre que non se atopen en ningún dos supostos dos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que as actuacións arqueolóxicas estean autorizadas e fosen realizadas desde o ano  2014 en adiante e estean finalizadas na data de publicación desta orde.
b) Que as actuacións se desenvolvesen conforme os proxectos arqueolóxicos presentados e se cumprisen as obrigas de responsabilidade da dirección de acordo co establecido no Decreto 199/1997, que regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que se acredite a presentación e a entrega dos correspondentes informes valorativos ou das memorias técnicas e da acta de depósito dos materiais de acordo co citado Decreto 199/1997.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS ECONÓMICAS A EMPRESAS XORNALÍSTICAS E DE RADIODIFUSIÓN

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer subvencións ás empresas xornalísticas que, estando debidamente inscritas no Rexistro Mercantil ou no que corresponda segundo a forma empresarial que adopten, realicen a súa actividade informativa orientada a alentar a defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a defensa da súa cultura, e efectuar a convocatoria para o ano 2018.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
Entidades beneficiarias
1. De acordo co establecido no Decreto 71/1999, do 18 de marzo, as beneficiarias destas axudas serán as empresas xornalísticas que publiquen ou difundan informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións que cumpran co obxecto destas axudas e co resto de requisitos establecidos nesta resolución.
2. As empresas beneficiarias deben acreditar un cadro medio de traballadores en alta de polo menos cinco traballadores, e elaborar e difundir toda ou parte da súa produción informativa de forma específica no territorio da comunidade autónoma no ano natural anterior ao da convocatoria.
3. Quedan excluídos da concesión de axudas:
a) Os boletíns interiores de institucións, as publicacións de partidos políticos, asociacións relixiosas ou entidades públicas.
b) As empresas que emitan a través do sinal de televisión.
c) As que, ao longo do ano anterior ao da convocatoria, incluísen publicidade que non se ateña ao disposto no artigo 10 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, en materia de toponimia.
d) As empresas radiofónicas cun modelo de programación secuencial e repetitivo cuxas emisións se baseen en contidos musicais.
e) As entidades sen personalidade xurídica e/ou sen ánimo de lucro.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 22 de marzo de 2018

AMPLIACIÓN DO CRÉDITO EXISTENTE PARA SUBVENCIÓNS A ENTIDADES PRIVADAS PARA MELLORA INFRAESTRUTURAS TURÍSTICAS

CONVOCATORIA PROBA CERTIFICADO DE CAPACITACIÓN PARA O ADESTRAMENTO DE CANS PARA GARDA E DEFENSA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO


RESOLVO:

Primeiro. Nomear o persoal cualificador para a realización das probas dirixidas á obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa da Comunidade Autónoma de Galicia:
• Tribunal titular:
– Presidencia: Susana Cuesta Fariña, subdirectora xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas.
– Secretaría: Elisa Gago Moldes, xefa do Servizo de Conservación da Biodiversidade.
– Vogal: Sergio Tejedor Giménez, educador canino profesional colaborador do Departamento de Etoloxía da Universidade Autónoma de Barcelona, especialista en educación e modificación de conduta en animais.
– Vogal: Gabriella Tami, educadora canina, doutora en Veterinaria, máster en Etoloxía e en Benestar e Comportamento Animal Aplicado.
– Vogal: Santiago Díaz Vidal, licenciado en Veterinaria.
• Tribunal suplente:
– Presidencia: Nieves López Sánchez, subdirectora xeral de Espazos Naturais
– Secretaría: Agustín Alberto Gil Ramos, xefe do Servizo de Caza e Pesca Fluvial
– Vogal: Benigno Francisco Paz Ramos, instrutor de mobilidade de can guía.
– Vogal: Ángela González Martínez, licenciado en Veterinaria, máster en Etoloxía Clínica e Benestar Animal, diplomada europea en Medicina do Comportamento Animal.
– Vogal: María Teresa Martínez Martínez, licenciada en Veterinaria.
Segundo. O exame teórico, que se desenvolverá segundo o establecido na base novena da Resolución do 4 de setembro de 2017, terá lugar o día 27 de abril de 2018, ás 16.30 horas, na aula número 2 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, nº 2-4, As Fontiñas) en Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir acompañadas do documento nacional de identidade orixinal e en vigor, ou con outro documento fidedigno acreditativo da súa identidade e bolígrafo de cor azul.
Contra esta resolución, que non finaliza a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa exposición, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

miércoles, 21 de marzo de 2018

CORRECCIÓN DE ERROS.- APLICACIÓN PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL

PROGRAMA REENCONTROS NA TERRA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas correspondentes ao programa Reencontros na terra para o ano 2018, orientado a promover o contacto das persoas galegas residentes no exterior coa súa terra, mediante un período de estadía nunha residencia e posteriormente coas súas familias, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.
Beneficiarios/as
As persoas emigrantes galegas que reúnan os requisitos establecidos nos números 1, 2, 3 e 4 da resolución da convocatoria.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

martes, 20 de marzo de 2018

AXUDAS ÁS COMUNIDADES DE PROPIETARIOS PARA A REPARACIÓN, REHABILITACIÓN E ADAPTACIÓN DOS EDIFICIOS DE VIVENDAS PROTEXIDAS

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán o procedemento de concesión das subvencións para a reparación, rehabilitación e adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), correspondente ao código VI420A.
2. Así mesmo, por medio desta orde procédese á convocatoria destas subvencións para o exercicio económico de 2018.
Entidades beneficiarias
Poderán ter a condición de beneficiarias destas subvencións as comunidades de propietarios/as dos edificios de vivendas que estean recollidos no seu ámbito de aplicación, sempre que non recibisen outra axuda do IGVS para a realización de obras polo mesmo concepto nos dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria e, ademais, cumpran cos seguintes requisitos:
a) Que o seu edificio reúna as necesarias condicións de seguridade estrutural. De non ser o caso, a comunidade solicitante deberá acreditar a realización simultánea das obras que garantan que o edificio terá as condicións necesarias de seguridade estrutural.
b) Que sexan seleccionadas conforme a prelación das puntuacións obtidas en aplicación do baremo previsto no artigo 14 da orde de bases destas axudas e en virtude da disposición orzamentaria existente.
c) Que non teñan iniciadas as obras das actuacións para as que van solicitar axuda no momento de presentar a solicitude.
d) Que non estean incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación da solicitude será de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

viernes, 16 de marzo de 2018

AMPLIACIÓN DOTACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS PARA ACCIÓNS SILVÍCOLAS DE PREVENCIÓN DE DANOS CAUSADOS AOS BOSQUES POR INCENDIOS, DESASTRES NATURAIS E PARA O INCREMENTO DA CAPACIDADE DE ADAPTACIÓN E DO VALOR AMBIENTAL DOS ECOSISTEMAS FORESTAIS

AXUDAS AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS, A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA AGRICULTORES MOZOS E CREACIÓN DE EMPRESAS PARA DESENVOLVEMENTO DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2018 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:
a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedementos MR405A).
b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos (incorporación de mozos á actividade agraria, procedemento MR404A).
– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).
Estas axudas teñen como finalidade:
a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.
Persoas beneficiarias
En función do tipo de axuda solicitada, as seguintes persoas poderán ser beneficiarias:
a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).
a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.
b. Agricultores mozos que se instalan nunha explotación de nova creación.
b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos (procedemento MR404A).
a. Calquera persoa física que, no momento de presentar a solicitude, no teña máis de corenta anos, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe da dita explotación.
– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).
a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 15 de marzo de 2018

SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á ELABORACIÓN DE INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAIS

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CURSO 2017/18

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato (procedemento ED311A) para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2017-2018 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.
Persoas beneficiarias
Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2017-2018 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, sexa proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 2 de maio de 2018.

PREMIOS DO DEPORTE GALEGO 2017

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


 Convocatoria e categorías
Convócanse os Premios do Deporte Galego do ano 2017, que serán concedidos nas seguintes categorías:
1. Premio á mellor deportista feminina.
2. Premio á mellor deportista feminina con discapacidade.
3. Premio ao mellor deportista masculino.
4. Premio ao mellor deportista masculino con discapacidade.
5. Premio ao mellor equipo feminino.
6. Premio ao mellor equipo masculino.
7. Premio ao mellor equipo de deportistas con discapacidade.
8. Premio á mellor entidade na promoción do deporte de base.
9. Premio ao/á mellor adestrador/a.
10. Premio ao/á mellor árbitro/a xuíz/a.
11. Premio ao mellor labor informativo.
12. Premio ao mellor evento deportivo.
13. Premio ao patrocinio deportivo.
14. Premio deportista revelación.
15. Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.
16. Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.
17. Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.
Xunto a estas categorías, por proposta e por resolución do xurado, poderán outorgarse mencións especiais.
Presentación de candidaturas
1. Os propoñentes poderán presentar unha candidatura por categoría.
2. Poderán formular propostas as entidades deportivas de Galicia inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, os concellos galegos, así como calquera outro organismo ou entidade pública ou privada radicados na Comunidade Autónoma, os membros do xurado e as persoas físicas relacionadas coa actividade física e o deporte galego, empregando o anexo dispoñible na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte: http://deporte.xunta.gal/. A presentación de candidaturas implica a total aceptación desta resolución ou do resultado do xurado.
3. A documentación presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado para o procedemento PR004A (Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non dispoñan dun sistema electrónico específico nin dun modelo electrónico normalizado), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, seleccionando como destinataria a Presidencia e Secretaría Xeral para o Deporte.
4. Opcionalmente, poderanse presentar as candidaturas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
5. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
6. As persoas interesadas só poderán optar por unha das vías de presentación.
7. O anexo para a presentación de candidaturas estará dispoñible na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte http://deporte.xunta.gal/.
Prazo de presentación
O prazo para a presentación de candidaturas rematará aos dez días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución.

CONVOCATORIA EXAMES ORDINARIOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS DAS TITULACIÓNS PARA O GOBERNO DAS EMBARCACIÓNS DE LECER E MOTOS NÁUTICAS EN GALICIA

CONSELLERÍA DO MAR


Obxecto.
O obxecto desta resolución é establecer os requisitos para acceder ás probas ordinarias teóricas e prácticas, así como fixar as datas e os lugares de realización das citadas probas para obter os títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.
Para a presentación de solicitudes deberán empregarse os modelos normalizados correspondentes ao código do procedemento administrativo PE616C, que están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE616C
Normas xerais.
a) Os exames teóricos e prácticos realizaranos os tribunais que se constitúan de conformidade co establecido no artigo 3 da Orde do 28 de novembro de 2007 pola que se regula a composición dos tribunais para a obtención de titulacións marítimo-pesqueiras e náutico-deportivas (DOG núm. 243, do 18.12.2007).
b) As persoas que se presenten ao exame teórico complementario do patrón/patroa de embarcacións de lecer, deben estar en posesión da tarxeta de patrón/patroa para navegación básica ou do certificado de exame expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia. Os posuidores do certificado de exame soamente terán dereito a examinarse nas dúas seguintes convocatorias consecutivas ordinarias. Para este efecto, no caso de presentarse ás convocatorias extraordinarias estas serán computadas como ordinarias. Estas persoas soamente terán que examinarse das unidades teóricas 7, 8, 9, 10 e 11 e disporán dun tempo máximo de 45 minutos para realizar o exame.
c) Os/as candidatos/as que se presenten ao exame para obter o título de patrón/patroa de embarcacións de lecer e non consigan superar a proba, pero si o fagan de acordo coas exixencias de patrón/patroa para navegación básica, recoñeceráselle o dito aprobado, ben para as seguintes convocatorias nesta Administración, ou ben para a expedición do título de patrón para navegación básica. Conservarán o aprobado perante un período máximo de dúas convocatorias consecutivas ordinarias en que esta Administración realice os exames de patrón/patroa de embarcacións de lecer. Para este efecto, no caso de presentarse ás convocatorias extraordinarias, estas serán computadas como ordinarias.
d) Os/as candidatos/as que se presenten ao exame de capitán/capitá de iate ou patrón/patroa de iate e superen algún dos módulos que conforman o exame teórico de acordo co regulado no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, conservaráselle o aprobado destes nas dúas seguintes convocatorias consecutivas ordinarias que convoque esta Administración. Para este efecto, no caso de presentarse as convocatorias extraordinarias estas serán computadas como ordinarias.
Idade mínima.
O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas, sempre que acrediten, mediante a presentación por escrito do consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais e superen os requisitos teóricos e prácticos exixidos no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro.
Para obter calquera das outras titulacións náuticas de lecer os/as interesados/as deberán ter cumpridos os 18 anos de idade no momento en que se realicen as probas para a obtención destes títulos.
Presentación de solicitudes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Unha vez finalizado o prazo de matrícula de cada convocatoria que aparece indicado no anexo II, farase pública a listaxe provisional das persoas admitidas e excluídas no portal web de formación da Consellería do Mar http://mar.xunta.gal/gl/o-mar/investigacion-e-formacion/formacion/informacion-do-alumnado e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino pesqueiro, dando un prazo de 10 días hábiles para que as persoas excluídas poidan emendar as deficiencias, de acordo co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.
Prazo de matrícula: do 2 de abril ata o 20 de abril de 2018, ambos incluídos.

martes, 13 de marzo de 2018

OMIX: LÍDERES DO FUTURO

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA


 Obxecto
A obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial na cal se acreditarán os coñecementos, as capacidades e as destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.
Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarias da rede CeMIT.
Contidos da proba
1. O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións. As capacidades e criterios de avaliación do dito módulo formativo poden consultarse no Real decreto 558/2011, do 20 de abril, polo que se complementa o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, mediante o establecemento de dúas cualificacións profesionais correspondentes á familia profesional de Administración e Xestión (BOE núm. 109, do 7 de maio).
2. A rede CeMIT ten publicados na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de «Autoformación» como material de apoio para a preparación destas probas:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.
Prazas convocadas, datas, lugar e horario
As probas de avaliación terán lugar nas dependencias das aulas CeMIT de cada localidade indicada no punto anterior, localizacións que se poden consultar na web http://cemit.xunta.gal/centros.
Solicitudes de participación
1. As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través da intenet na páxina web de CeMIT https://cemit.xunta.gal.
2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
3. O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
4. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante; serán excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario.
5. Unha vez que remate o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base quinta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de excluídas.

CONVOCATORIA PROBAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 1,2,3, E 4

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018 (procedemento ED114A).

Persoas destinatarias
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

 Datas de realización das probas
Celga 4: 26 de maio de 2018.
Celga 2: 27 de maio de 2018.
Celga 3: 2 de xuño de 2018.
Celga 1: 3 de xuño de 2018.
Estas datas poderán mudarse por razóns de forza maior ou para a mellor administración das probas.
Se o número de aspirantes non permite a realización da totalidade das probas orais no día sinalado nesta resolución, a Comisión Central de Avaliación determinará o día ou días en que terá lugar a dita avaliación oral, que serán debidamente publicitados na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
Presentación de solicitudes e prazo
1. As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo ED114A, que se publica como anexo I desta resolución, e aboar a taxa que se indica na convocatoria.
O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. Deberán indicar nel a proba ou as probas ás cales solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
2. As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % que as imposibilite para acreditar algunha das destrezas comunicativas (comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita, expresión escrita) poderán solicitar a exención da realización da proba ou probas referidas a esas destrezas.
De ser necesario algún tipo de axuda para a realización das probas debido a unha discapacidade, a persoa indicará na súa solicitude o apoio concreto que precisa (lectura fácil –para persoas con discapacidade intelectual–, máis tempo, maior tamaño de letra...).
En todo caso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística valorará se o tipo de discapacidade alegado dá lugar á exención e/ou ao apoio solicitados.
3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada nos puntos sexto e sétimo será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Localidades onde se van realizar as probas e niveis
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Localidade                                        Nivel

Santiago de Compostela        Celga 1 Celga 2 Celga 3 Celga 4

Ponferrada                                  -       Celga 2 Celga 3 Celga 4

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE PERSOAL FUNCIONARIO DOS CORPOS DOCENTES DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Aprobación da oferta de emprego público dos corpos docentes
Apróbase a oferta de emprego público correspondente aos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o ano 2018, nos termos que se establecen neste decreto, e de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nas leis 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, e na Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado.
Cuantificación da oferta de emprego público relativa á taxa de reposición
O número de prazas que se convoca nesta oferta de emprego público relativas á taxas de reposición é de 1.072.
Cuantificación da oferta de emprego público relativa á estabilización de emprego temporal para o ano 2018
O número de prazas que se convoca nesta oferta de emprego público relativas á estabilización de emprego temporal para o ano 2018 é de 581.
Cuantificación da oferta de emprego público relativa á taxa de reposición e á estabilización de emprego temporal para o ano 2018, distribuída por corpos
Corpo de mestres: 705.
Corpo de profesores técnicos de formación profesional: 160.
Corpo de profesores de ensino secundario: 788.
Convocatoria conxunta dos procesos selectivos
As prazas correspondentes á taxa de reposición de efectivos e as prazas relativas á estabilización de emprego temporal do mesmo corpo acumularanse nunha única convocatoria do procedemento selectivo.
Prazas de promoción interna
Ademais das prazas de reposición de efectivos e de estabilización de emprego temporal ás que se fai referencia nos artigos 2 e 3 deste decreto, ofertaranse as seguintes prazas de promoción interna:
Acceso ao corpo de profesores de ensino secundario: 262.
Acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas: 30.
Acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas: 105.

CONVOCATORIA PROBAS DE CONSTATACIÓN DA COMPETENCIA PROFESIONAL DAS FUNCIÓNS DE XESTOR DE TRANSPORTE EN EMPRESAS DE TRANSPORTE POR ESTRADA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Convocatoria.
Convócanse, para o ano 2018, as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de persoas viaxeiras, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución (procedementos MT312A e MT312B).
Calendario.
a) No ano 2018 realizaranse dúas convocatorias que terán lugar (preferentemente en sábado, domingo ou festivo) entre os períodos abranguidos entre:
– Primeira convocatoria: entre o 31 de marzo de 2018 e o 3 de xuño de 2018.
– Segunda convocatoria: entre o 6 de outubro de 2018 e o 2 de decembro de 2018.
b) As persoas aspirantes que cumpran os requisitos para presentárense ás probas poderán facelo a calquera das convocatorias, ou ás dúas sucesivamente; igualmente, en calquera delas poderán presentarse á modalidade de xestor de transporte para empresas de transporte de mercadorías por estrada e á de xestor de transporte para empresas de transporte de persoas viaxeiras por estrada, ou só a unha delas.
Requisitos das persoas aspirantes.
Para poder participar nas probas de xestor de transporte será preciso ter residencia habitual en Galicia antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Para tal efecto, presumirase que a residencia habitual da persoa aspirante está no lugar en que figure o seu domicilio no documento nacional de identidade en vigor; só se admitirá que o domicilio sexa distinto ao que apareza no referido documento cando se dea algunha das seguintes circunstancias:
– Que a persoa aspirante acredite que tivo o seu domicilio en Galicia, cando menos, durante cento oitenta e cinco (185) días naturais do último ano, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes para concorrer aos exercicios.
– Que a persoa aspirante acredite que, sen cumprir o requisito do punto anterior, se viu obrigada por razóns familiares ou profesionais a cambiar a súa residencia en Galicia; non obstante, non se entenderá cumprida esta exixencia nin cando se trate de estadías temporais nunha localidade para a realización dunha actividade de duración determinada, nin cando se trate de supostos de asistencia a unha universidade, escola ou centro docente.
Prazos de presentación de solicitudes.
Os prazos de presentación de solicitudes establécense do seguinte xeito:
a) Primeira convocatoria: no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Segunda convocatoria: do 30 de xullo de 2018 ao 21 de agosto de 2018, incluídos ambos os dous días.
A non presentación da solicitude e a falta de pagamento da taxa en tempo e forma suporá a exclusión da persoa aspirante; igualmente, a consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación presentada polas persoas aspirantes dará lugar á súa exclusión, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.
O enderezo que se faga constar na solicitude considerarase como o único válido para os efectos de notificacións, e será responsabilidade exclusiva da persoa solicitante tanto o erro na súa consignación como a comunicación á Dirección Xeral de Mobilidade de calquera cambio del.

lunes, 12 de marzo de 2018

PROGRAMA DE ESCOLAS ABERTAS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Establécense as bases reguladoras polas que se rexerá a realización de obradoiros culturais de especialización de carácter presencial dirixidos a persoas responsables de impartir docencia nas entidades galegas do exterior e a persoas galegas residentes fóra de Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para este programa as persoas responsables de impartir docencia naquelas entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, e de conformidade co disposto no artigo 2 da resolución.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será de 40 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA REENCONTROS NA CASA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Establecer as bases reguladoras das axudas correspondentes ao programa Reencontros na casa para o ano 2018, orientado a promover o contacto das persoas galegas residentes no exterior coa súa terra e coas súas familias, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

Persoas beneficiarias
As persoas emigrantes galegas que reúnan os requisitos establecidos nos números 1, 2 e 3 da resolución da convocatoria.

 Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

viernes, 9 de marzo de 2018

CORRECCIÓN DE ERROS.- OBRADOIROS E AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0

PREMIO ELIAS VALIÑA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Finalidade

Esta orde ten por obxecto a convocatoria e o establecemento das bases reguladoras da concesión do Premio Elías Valiña para distinguir o labor revitalizador dos valores propios dos Camiños de Santiago como un recoñecemento institucional e social ao esforzo protector e de fomento do coñecemento e dos valores propios dos Camiños de Santiago por parte das asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que inclúan estes fins no seu obxecto social. Inclúese, así mesmo, a posibilidade de que o xurado propoña unha mención especial, sen dotación económica, a unha persoa física que, pola súa sensibilidade e interese, teña contribuído especialmente á posta en valor do Camiño. Esta mención só se poderá outorgar de maneira individual.

Persoas beneficiarias

Poderán participar as asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro cunha traxectoria que acredite o seu labor na protección, revitalización, fomento do coñecemento e dos valores propios do Camiño de Santiago, e que desenvolvan a súa actividade tanto dentro como fóra de Galicia.

Estas entidades deberán ter acreditada unha traxectoria de cando menos cinco anos de funcionamento efectivo na consecución dos obxectivos establecidos na convocatoria.

Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas nas cales se dean algunhas das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin as que fosen premiadas nas cinco convocatorias anteriores co Premio Elías Valiña.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DE PROGRAMAS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS TRABALLADORAS OCUPADAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Artigo 1

Amplíase:

1. A data limite do ámbito temporal de execución das liñas de actuación establecidas na convocatoria, que será ata o 30 de novembro de 2018.

2. O prazo máximo para a presentación da xustificación final das accións formativas previsto no artigo 60.1, que quedará establecido no 30 de decembro de 2018.

3. O prazo para a realización das prácticas non laborais referidas no artigo 11, número 4, que deberán estar finalizadas, en todo caso, o 30 de novembro do 2018.

Artigo 2

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

MODIFICACION DAS CONDICIÓNS DO PROCEDEMENTO DE PRÓRROGA DAS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DO PLAN REHAVITA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


ACORDO:

Artigo 1. Modificación da Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con financiamento plurianual

Modifícase a Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede a súa convocatoria para o ano 2018, con financiamento plurianual, nos termos que se recollen a seguir:

Un. Engádense dous números ao artigo 11:

4. O cómputo dos ingresos para a concesión da prórroga do Programa do bono de alugueiro social realizarase conforme o establecido no artigo 4 desta orde.

5. A comprobación dos datos necesarios para a tramitación do procedemento de prórroga efectuarase de conformidade co previsto no artigo 10 desta orde.

Dous. O anexo V da Orde do 15 de decembro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia do 10 de xaneiro de 2018, substitúese polo anexo que se xunta a esta orde.

Disposición transitoria única. Réxime das prórrogas

As disposicións desta orde aplicaranse a todas as solicitudes de prórroga deste programa, con independencia do ano da convocatoria en que se fundamente a súa concesión.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.