lunes, 5 de febrero de 2018

LIÑAS DE APOIO AO ACCESO E ADECUACIÓN DO FINANCIAMENTO DAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS AFECTADAS POLA SECA DO ANO 2017

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto regular o contido e o procedemento de tramitación de dúas liñas de financiamento bonificado dirixido ás explotacións agrarias de toda a Comunidade Autónoma de Galicia afectadas pola seca do ano 2017, co obxecto de adecuar e reforzar a súa estrutura financeira.
Os apoios poderanse materializar a través de dúas liñas:
Liña 1. Refinanciamento de pasivos.
Liña 2. Apoio ao circulante.
Beneficiarias
Poderán acceder ás liñas de financiamento previstas nestas bases as pequenas e medianas empresas, incluídos os autónomos, segundo a definición establecida pola Comisión Europea, que desenvolvan unha actividade económica agraria.
Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as comunidades de bens, sociedades civís ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se encontren na situación que motiva a concesión da axuda.
Neste caso, o préstamo deberá estar formalizado a nome da entidade e deberá ser asinado por cada un dos seus membros. No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo da súa autorización, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.
Ademais, deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 2 das bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes por parte da interesada no Igape comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 28 de marzo de 2018. As entidades financeiras deberán comunicar ao Igape a súa decisión sobre a concesión da operación financeira ata o 25 de abril de 2018.
No caso de esgotamento do crédito, o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.