miércoles, 27 de diciembre de 2017

CONVOCATORIA PÚBLICA PARA O ANO 2018 DO PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e ámbito de aplicación
Esta orde ten por obxecto convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación (código do procedemento: TR305A ) para un total de 2.067 prazas nas unidades de competencia que se indica no anexo I e cun total de 7.700 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:

• Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 553 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 153 prazas.

– Novas prazas: 400 prazas.

• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 435 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 35 prazas.

– Novas prazas: 400 prazas.

• Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 65 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 15 prazas.

– Novas prazas: 50 prazas.

• Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.

• Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 224 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 24 prazas.

– Novas prazas: 200 prazas.

• Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 278 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 78 prazas.

– Novas prazas: 200 prazas.

• Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 162 prazas.

– Prazas lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 162 prazas.

• Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.

– Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera ( Orde 30 de decembro de 2016): 25 prazas.

– Novas prazas: 125 prazas.

• Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural.( SEA 595_2 ): 100 prazas.

– Prazas lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016): 100 prazas.

• Confección e mantemento de artes e aparellos ( MAP005_2): 50 prazas.

Unidades de competencia convocadas
1. As unidades de competencia convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria son as recollidas no anexo I desta orde. No anexo I recóllese a relación de unidades de competencia das cualificacións profesionais convocadas, incluíndo o número de prazas en cada unidade de competencia e con indicación dos títulos de formación profesional e/ou certificados de profesionalidade que recollen estas unidades de competencia.
2. No caso de que nalgunha das unidades de competencia convocadas as persoas candidatas admitidas non cubran o número de prazas convocadas, o Instituto Galego das Cualificacións poderá asignar estas prazas a outras unidades de competencia doutras cualificacións profesionais, atendendo prioritariamente a aquelas cualificacións profesionais que estean afectadas por unha regulación profesional.

Prazos de inscrición no procedemento
1. O prazo de inscrición será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
• Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2).
• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2).
• Servizos para o control de pragas (SEA028_2).
• Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3).
• Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2).
• Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2).
• Tanatopraxia (SAN491_3).
• Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2).
2. Non necesitan inscribirse novamente, xa que aceden directamente ao procedemento, as persoas que quedaron na lista definitiva de persoas en lista de espera, na anterior convocatoria publicada a través da Orde do 30 de decembro de 2016, nas cualificacións profesionais indicadas no punto 1 onde existan esas listas de espera.
3. Non se abre prazo de inscricións nas cualificacións profesionais de Extinción de incendios e salvamento e Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural xa que accederán directamente ao procedemento as persoas candidatas que figuraban na lista definitiva de persoas en lista de espera na anterior convocatoria, publicada a través da Orde do 30 de decembro de 2016; por orde de puntuación e ata o total de prazas convocadas, tal e como se indica no artigo 4.3 desta orde.