miércoles, 4 de octubre de 2017

CONVOCATORIA PROBAS PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA


Obxecto
Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial na que se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.
Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarios/as da rede CeMIT.
Solicitudes de participación
1. As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través da intenet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal).
2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
3. O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
4. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario.
5. Unha vez que remate o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base quinta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de excluídos.