viernes, 13 de octubre de 2017

CONVOCATORIA PROBA DE ACCESO ESPECÍFICO ÁS ENSINANZAS DE TÉCNICO DEPORTIVO EN VELA CURSO 2017/18

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


 A inscrición para a realización de tales probas deberá formalizarse na secretaría do IES Fermín Bouza Brey, de Vilagarcía de Arousa, ata o día 20 de outubro, presentando a documentación establecida no anexo I da citada Resolución do 5 de xuño de 2017, e logo de aboar os prezos públicos establecidos para este tipo de probas no Decreto 89/2013, do 13 de xuño.

– A listaxe de admitidos/as ás probas publicarase o 20 de outubro no taboleiro de anuncios e na páxina web do IES Fermín Bouza Brey, de Vilagarcía de Arousa.

– A proba específica realizarase o día 24 de outubro nas instalacións do Centro Galego de Vela, en Vilagarcía de Arousa, ás 10.00 horas; poderán variar a data e/ou a hora do exame no caso de non darse as condicións meteorolóxicas establecidas no anexo VIII do Decreto 135/2012, do 31 de maio, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en Vela con aparello fixo e técnico deportivo en Vela con aparello libre.

– A listaxe de persoas aspirantes que superen as probas publicarase o día 24 de outubro no taboleiro de anuncios e na páxina web do IES Fermín Bouza Brey.

– As reclamacións aos resultados das probas realizaranse ata o día 26 de outubro a través da secretaría do citado IES.

– O número de prazas ofertadas para cursar o ciclo inicial do grao medio de técnico deportivo en Vela con aparello fixo será de 12. No caso de que o número de persoas aspirantes que superen as probas sexa maior que o número de prazas ofertadas, aplicaranse os criterios de admisión, segundo o disposto no artigo 34 do Real decreto 1363/2007, do 27 de outubro.

– O período de matrícula das persoas aspirantes que obteñan praza abranguerá desde a finalización do período de reclamacións ata o 30 de outubro. Para a formalización da matrícula deberase utilizar o modelo establecido pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e achegar a documentación indicada que non fose presentada coa solicitude de admisión ás probas, así como o xustificante de ter aboados os prezos públicos de matrícula establecidos no Decreto 89/2013, do 13 de xuño.

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS FINANCIAMENTO GASTOS CORRENTES DE FESTIVAIS, FEIRAS, MOSTRAS, CICLOS E CERTAMES DE ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS DE CARÁCTER AFECCIONADO

AMPLIACIÓN PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS Á HABILITACIÓN E MELLORA DE INFRAESTRUTURAS DOS PARQUES EMPRESARIAIS DE GALICIA

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á CREACIÓN DE VIVEIROS INDUSTRIAIS DE EMPRESAS EN PARQUES EMPRESARIAIS DE GALICIA

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS DO PLAN ESPECÍFICO DE ACCIÓN COMUNITARIA DESTINADO A ASOCIACIÓNS, CONFEDERACIÓNS, FEDERACIÓNS DE VECIÑOS, COMUNIDADES DE USUARIOS DE AUGAS E ASOCIACIÓNS DE MULLERES RURAIS DE GALICIA

miércoles, 11 de octubre de 2017

CORRECCIÓN DE ERROS PLAN REFORMA17

REQUERIMENTOS DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN PROGRAMA EMEGA

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA EMEGA

LEI 4/2017 DE PROTECCIÓN E BENESTAR DOS ANIMAIS DE COMPAÑÍA EN GALICIA

AMPLIACIÓN DE PRAZOS DE SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE REDES DE DISTRIBUCIÓN DE ENERXÍA TÉRMICA CON EQUIPAMENTOS DE XERACIÓN DE BIOMASA.

viernes, 6 de octubre de 2017

LIÑAS DE APOIO AO ACCESO E ADECUACIÓN DO FINANCIAMENTO DAS EXPLOTACIÓNS PRODUTORAS DE UVA E CASTAÑA, PATACA, CEREAL, HORTA E FROITEIRAS AFECTADAS POLA SARAIBA E XEADA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto regular o contido e procedemento de tramitación de dúas liñas de financiamento bonificado dirixido a explotacións produtoras e transformadoras de uva e de castañas afectadas polas xeadas dos días 27 e 28 de abril do presente ano, a explotacións produtoras de pataca, cereal e horta afectadas pola sarabia do día 6 de xullo e a explotacións produtoras e transformadoras de uva, castañas e de froiteiras afectadas polas sarabias do día 27 de agosto, co obxecto de adecuar e reforzar a súa estrutura financeira.
Os apoios poderán materializarse a través de dúas liñas:
Liña 1: refinanciamento de pasivos.
Liña 2: apoio ao circulante.
Beneficiarias
Poderán acceder ás liñas de financiamento previstas nestas bases as pequenas e medianas empresas, incluídos os autónomos, segundo a definición establecida pola Comisión Europea, que desenvolvan a actividade económica de produción ou transformación de uva ou castañas e se viran afectadas polas xeadas ou sarabias, así como as produtoras de pataca, cereal, horta e froiteiras afectadas polas sarabias.
Tamén poderán acceder á condición de beneficiarias as comunidades de bens, sociedades civís ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda.
Neste caso, o préstamo deberá estar formalizado a nome da entidade e deberá ser asinado por cada un dos seus membros. No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo de autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.
Ademais, deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 2 das bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado nas entidades financeiras comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 20 de outubro de 2017. As entidades financeiras deberán solicitar as axudas financeiras no Igape, en nome do interesado, até o 15 de novembro de 2017, e concederanse de conformidade co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
No caso de esgotamento do crédito, o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 31.4 da citada Lei de subvencións de Galicia.

jueves, 5 de octubre de 2017

AXUDAS PARA O INICIO DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS NO CURSO ACADÉMICO 2017/2018 NAS UNIVERSIDADES DO SUG.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula de inicio de estudos universitarios nun grao oficial do Sistema universitario de Galicia.
Persoas beneficiarias
O alumnado que inicie estudos universitarios no curso 2017/18 no Sistema universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao.
Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

miércoles, 4 de octubre de 2017

AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Programa I de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social nos CEE (código de procedemento TR341K).

Obxecto e finalidade
O obxecto deste programa é subvencionar os custos salariais e de Seguridade Social por conta da empresa derivados da contratación indefinida do persoal das unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos CEE.
A finalidade é promover a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción mediante o seu emprego nos CEE da Comunidade Autónoma de Galicia.
Entidades beneficiarias
Os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo II das bases reguladoras e, en particular:
a) Que formen parte do seu cadro de persoal de traballadores e/ou traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 5.3 da orde que establece as bases reguladoras destas axudas e que se define no punto terceiro deste extracto.
b) Que dispoñan de unidades de apoio á actividade profesional e que estas teñan a composición establecida no artigo 31 das bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Programa II de axudas á creación, ampliación, mantemento e adaptación de postos de traballo (códigos de procedemento TR341E e TR341N)

Obxecto
O obxecto deste programa é incentivar a creación, ampliación e mantemento de emprego nos CEE mediante o financiamento parcial de iniciativas ou proxectos técnica, económica e financeiramente viables que xeren emprego estable, para traballadores e traballadoras con discapacidade.
Entidades beneficiarias
Os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo III das bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de solicitudes será ata o 10 de novembro de 2017.

Programa III de axudas ao mantemento do custo salarial (procedemento TR341M).

Obxecto
O obxecto deste programa é axudar os CEE a manteren os postos de traballo dos traballadores e das traballadoras con discapacidade mediante o financiamento parcial dos seus custos salariais.
Entidades beneficiarias
Os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo IV das bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

CONVOCATORIA PROBAS PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA


Obxecto
Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial na que se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.
Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarios/as da rede CeMIT.
Solicitudes de participación
1. As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través da intenet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal).
2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
3. O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
4. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario.
5. Unha vez que remate o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base quinta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de excluídos.


AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DE SUBVENCIÓNS PARA PROGRAMACIÓN DE ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS