miércoles, 3 de mayo de 2017

PROGRAMA DE AXUDAS PARA IMPLANTAR A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL, A IGUALDADE LABORAL E A CONCILIACIÓN LABORAL E PERSOAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Establecer as bases reguladoras, para o ano 2017, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes e micropemes, incluídas persoas traballadoras autónomas, para implantar sistemas de xestión de RSE (TR357B), a igualdade laboral (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarias
As empresas solicitantes da liña I (RSE) poderán ser pemes, micropemes ou persoas traballadoras autónomas, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que for a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentaren a solicitude de axuda.
As empresas solicitantes da liña II (igualdade) e III (conciliación) poderán ser pemes, micropemes ou persoas traballadoras autónomas con traballadores/as por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que for a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentaren a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 10 persoas traballadoras. Tamén poderán presentar solicitude as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia, que deberán ter contratado nesta Comunidade Autónoma un mínimo de 10 persoas.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.