lunes, 13 de febrero de 2017

SELECCIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE DIPLOMADOS/AS EN RELACIÓNS LABORAIS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO



OBXECTO DA CONVOCATORIA.
Constatándose que non hai Listaxe de Emprego Temporal de Diplomados/as en Relacións Laborais con aspirantes dispoñibles.
Considerando que no Informe Proposta da Unidade de Emprego da Área de Cooperación cos Concellos, Emprego, Benestar, Igualdade, Educación e Promoción Económica, de 23 de xaneiro do 2017, que consta no expediente, tense acreditado a necesidade urxente e inaprazable de incorporar, con carácter provisional, funcionarios interinos da categoría de Diplomados/as en Relacións Laborais, para atender as funcións especializadas da profesión regulada deste tipo de funcionarios para a execución das actuacións encomendadas ao dito Servizo, en materia de seguimento e control do cumprimento da normativa laboral e de seguridade social nas contratacións de persoal por empresas e entidades beneficiarias do programa Ben Empregado e outros e outras actividades de reforzo da Unidade de Emprego en materia de inserción laboral e estudos do mercado laboral, para poder atender axeitadamente as encomendas asumidas.
Visto as características do tipo de praza/posto/emprego obxecto desta convocatoria, son as seguintes:
Denominación: Diplomado/a en Relacións Laborais.
Clasificación: Grupo A. Subgrupo A2.
Retribución: As correspondentes a un/ha praza/posto de Diplomado/a en Relacións Laborais e de categoría de entrada.
EFECTIVOS A INCORPORAR PARA CUBRIR INTERINAMENTE A DEVANDITA PRAZA/POSTO/EMPREGO DE DIPLOMADO/A EN RELACIÓNS LABORAIS.
Tendo en conta o antedito, resulta necesario convocar o correspondente proceso selectivo para elaborar unha Listaxe de aspirantes a prestar servizos como funcionario/a interino/a, dado que, como xa se sinalou, esta Entidade carece de efectivos para realizar as funcións correspondentes á/ao praza/posto/emprego de Diplomado/a en Relacións Laborais.
Considerando que os motivos de necesidade e urxencia da incorporación destes efectivos está suficientemente xustificada e que se trata de funcións de carácter prioritario.
Considerando que se cumpren as esixencias da normativa vixente, en particular os referidos ao artigo 20.Dous da Lei 48/2015, de 29 de outubro, xa mencionada, en uso das facultades que lle confire á Xunta de Goberno o Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo, publicado no BOP nº 056, de 10 de marzo de 2011, á Xunta de Goberno,
ACORDOU:
1º.- Aprobar as Bases Especificas que rexerán o procedemento selectivo, mediante o sistema de concurso - oposición libre para a elaboración de listaxes de aspirantes a prestar servizos como funcionarios interinos en prazas/postos/empregos de Diplomado/a en Relacións Laborais, para atender ás necesidades de xurdan das distintas unidades da Deputación Provincial, mentres se considere necesario, urxente e prioritaria a súa incorporación transitoria.
Con respecto ás Bases Xerais que rexerán nestes procedementos selectivos estarase ás aprobadas pola Xunta de Goberno, na súa sesión do día 4 de decembro de 2015 e relativas á selección de persoal, con carácter temporal, para prestar servizos á Deputación Provincial de Lugo (cota xeral ou cota de discapacitados), que foron publicadas no BOP nº 289, do xoves 17 de decembro de 2015.
2º.- Convocar publicamente a quen desexe participar nas probas selectivas ao obxecto da confección da Listaxe de funcionarios/as interinos/as para provistar, con carácter provisional, prazas/postos/empregos de Diplomado/a en Relacións Laborais.