lunes, 13 de febrero de 2017

SELECCIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE TÉCNICO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN FINANCEIRA E CONTABILIDADE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO


1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.
Constatándose que a vixente Listaxe de Emprego Temporal de Técnico Superior de Administración
Financeira e Contabilidade non conta con efectivos dispoñibles neste momento para poder ser nomeados.
Considerando que dende distintas Áreas e Unidades administrativas de carácter prioritario desta Deputación Provincial, nomeadamente do Servizo de Cooperación e Asistencia a Concellos tense manifestado a necesidade urxente e inaprazable de incorporar, con carácter provisional, funcionarios interinos da categoría de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade, para atender as funcións especializadas do dito tipo de funcionarios de apoio na xestión contable dos Concellos, necesidade acentuada ao terse producido a baixa, por excedencia voluntaria, dun funcionario de carreira, con data 3 de novembro do 2016, que viña prestando apoio aos Concellos nesta materia.
Visto as características do tipo de praza/posto/emprego obxecto desta convocatoria, son as seguintes:
Denominación: Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade.
Clasificación: Grupo A. Subgrupo A1.
Retribución: As correspondentes a un/ha praza/posto de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade e de categoría de entrada. 

EFECTIVOS A INCORPORAR PARA CUBRIR INTERINAMENTE A DEVANDITA PRAZA/POSTO/EMPREGO DE TÉCNICO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN FINANCEIRA E CONTABILIDADE.
Tendo en conta o antedito, resulta necesario convocar o correspondente proceso selectivo para elaborar unha Listaxe de aspirantes a prestar servizos como funcionario/a interino/a, dado que, como xa se sinalou, esta Entidade carece de efectivos para realizar as funcións correspondentes á/ao praza/posto/emprego de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade.
Considerando que os motivos de necesidade e urxencia da incorporación destes efectivos está suficientemente xustificada e que se trata de servizos que realiza funcións de carácter prioritario.
Considerando que se cumpren as esixencias da normativa vixente, en particular os referidos ao artigo 20.Dous da Lei 48/2015, de 29 de outubro, xa mencionada, en uso das facultades que lle confire á Xunta de Goberno o Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo, publicado no BOP nº 056, de 10 de marzo de 2011, á Xunta de Goberno,
ACORDOU:
1º.- Aprobar as Bases Especificas que rexerán o procedemento selectivo, mediante o sistema de concurso - oposición libre para a elaboración de listaxes de aspirantes a prestar servizos como funcionarios interinos en prazas/postos/empregos de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade, para atender ás necesidades de xurdan das distintas unidades administrativas da Deputación Provincial, mentres se considere necesario, urxente e prioritaria a súa incorporación transitoria.
Con respecto ás Bases Xerais que rexerán nestes procedementos selectivos estarase ás aprobadas pola Xunta de Goberno, na súa sesión do día 4 de decembro de 2015 e relativas á selección de persoal, con carácter temporal, para prestar servizos á Deputación provincial de Lugo (cota xeral ou cota de discapacitados), que foron publicadas no BOP nº 289, do xoves 17 de decembro de 2015.
2º.- Convocar publicamente a quen desexe participar nas probas selectivas ao obxecto da confección da Listaxe de funcionarios/as interinos/as para provistar, con carácter provisional, prazas/postos/empregos de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade.