jueves, 8 de septiembre de 2016

SUBVENCIÓNS REALIZACIÓN AUDITORÍAS ENERXÉTICAS, IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE XESTIÓN, MOBILIDADE ALTERNATIVA E PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DO SECTOR INDUSTRIAL E DE SERVIZOS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
A realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade alternativa e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industrial e de servizos
Beneficiarios
1. As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos ou da industria. Para os efectos desta resolución consideraranse sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, K, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industria serán subvencionables as empresas incluídas na sección B, C ou D do CNAE-2009, coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.
2. As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e cando o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o seguinte a aquel en que se publiquen as presentes bases no DOG.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) e na páxina web do Inega (www.inega.es).
Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.