miércoles, 7 de septiembre de 2016

MODIFICACIÓN DAS AXUDAS PARA O ESTABLECECEMENTO DE SISTEMAS AGROFORESTAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Artigo único

Modifícanse os artigos 17, 18 e 21, da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016, que queda redactado como segue:

Artigo 17.1 «Na resolución de concesión, indicarase o prazo para a execución dos traballos que, con carácter xeral, non será inferior a dous meses. A data límite de xustificación da subvención será o 30 de decembro para a anualidade de 2016 e o 15 de xuño para a anualidade de 2017».

Engádeselle a alínea k) ao artigo 18.3, que queda redactada como segue:

«Poderán realizarse pagamentos á conta que se aboarán por contía equivalente á xustificación presentada.

De acordo co suposto previsto no artigo 65 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios destas axudas cun importe subvencionado superior aos 18.000 € deberán constituír unha garantía bancaria ou unha garantía equivalente que corresponda ao 110 % do importe do pagamento á conta. A dita garantía liberarase cando a Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal comprobe que o beneficiario cumpre todos os requisitos exixidos na convocatoria para o pagamento da axuda e o importe dos gastos considerados finalmente como elixibles supera o importe do pagamento á conta».

No artigo 21 modifícanse os puntos seguintes:

«21.1. As accións previstas nesta orde financiaranse do seguinte xeito:

Ano 2016: con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.713B.770.0 por un importe de 264.042,70 €.

Ano 2017: con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.713B.770.0 por un importe de 2.376.384,30 €.

21.2. Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias. No suposto de procederse á dita ampliación, terase en conta o disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia».

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.