miércoles, 24 de agosto de 2016

SUBVENCIÓN DO CUSTO SALARIAL PARA O MANTEMENTO DE POSTOS DE TRABALLO OCUPADOS POR PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Fixar as bases reguladoras da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade, e realizar a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o período do 1 de xullo de 2016 ao 30 de xuño de 2017.
Entidades beneficiarias
Os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde.
Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. Para os centros especiais de emprego que soliciten a súa cualificación e/ou inicien a súa actividade con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación anterior, por seren de nova creación, a solicitude deberá presentarse ata o último día do mes seguinte ao do primeiro mes polo cal se solicita a subvención. Este prazo tamén é de aplicación aos supostos de ampliación dun novo centro de traballo nunha provincia distinta.
Nestes dous supostos, o prazo de presentación de solicitudes de axudas finalizará o 30 de xuño de 2017, aínda que non transcorrese o prazo específico anterior.