martes, 9 de agosto de 2016

PROGRAMA RE-ACCIONA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


 Obxecto
Conceder axudas ás pemes destinatarias dos seguintes servizos de análise de potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), integrados en tres categorías:
a) Análise de potencial competitivo.
b) Profesionalización:
1º. Servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento.
2º. Servizos de optimización dos procesos de produción e cadea loxística.
3º. Relanzamento comercial.
4º. Implementación de xestión por procesos.
5º. Imaxe e comunicación empresarial.
c) Desenvolvemento estratéxico:
1º. Desenvolvemento estratéxico integral da empresa.
2º. Plans e protocolos de empresa familiar.
3º. Identificación de redes de cooperación e socios.
4º. Redefinición do modelo de negocio.
As axudas configúranse como axudas en especie, da disposición adicional terceira da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A dita axuda confórmase como a diferenza entre o custo aboado polo Igape pola prestación do servizo e o importe exixido ás pemes beneficiarias en concepto de cofinanciamento.
 Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de peme. Para esta definición utilizarase a establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).
Prazo de presentación de solicitudes
Convocatoria 2016-1: comeza o 4.8.2016 e remata o 16.9.2016.
Convocatoria 2016-2: comeza o 19.9.2016 e remata o 21.10.2016.
Convocatoria 2016-3: comeza o 24.10.2016 e remata o 25.11.2016.
Convocatoria 2017-1: comeza o 13.1.2017 e remata o 28.2.2017.