jueves, 4 de agosto de 2016

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CREACIÓN DE EMPREGO E INCREMENTO DA ESTABILIDADE LABORAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


 Obxecto
Fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2016 dos programas de incentivos á contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral, a través dos seguintes programas:
I. TR349A. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial.
II. TR349C. Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos.
III. TR349J. Programa de incentivos á contratación temporal.
IV. TR349D. Programa de incentivos á contratación de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social.
Entidades beneficiarias
As empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e finalizará o 30 de setembro de 2016.