lunes, 8 de agosto de 2016

PROGRAMA DE FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO NAS PEQUENAS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

ORDE do 27 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento TR807I).

Obxecto
Xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre a mocidade, os homes maiores de 45 anos e as mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego mediante os seguintes tipos de axuda:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para a formación.
c) Subvención para o inicio da actividades.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Entidades beneficiarias
1. As empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda, e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotores non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
2. As empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).
3. No caso da axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar, as persoas promotoras que cumpran o establecido no artigo 11 da orde de convocatoria.
Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas de programa regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2016.
2. No caso das solicitudes de xeración de emprego estable polas actuacións realizadas antes da data de publicación desta orde, o prazo será dun mes contado desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia