martes, 9 de agosto de 2016

PROGRAMA DE AXUDAS PARA IMPLANTAR A RSE, A IGUALDADE LABORAL E A CONCILIACIÓN LABORAL E PERSOAL NAS PEMES GALEGAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Establecer as bases reguladoras, para o ano 2016, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes e micropemes, incluídos autónomos, para implantar a RSE, para a procura da igualdade laboral e a corresponsabilidade e a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoas beneficiarias
Pequenas e medianas empresas (pemes), nesta consideración inclúense microempresas e persoas traballadoras autónomas con traballadores e traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axuda.
Así mesmo, poderán ser beneficiarias as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia sempre que teñan contratado un mínimo dun 10 % do seu persoal en Galicia e, cando menos, catro persoas.
Importe
Para a concesión destas axudas destínanse cinco centos noventa e nove mil douscentos cincuenta e nove euros (599.259 €), de acordo coa seguinte distribución:
Liña I. Implantación da RSE: setenta e cinco mil euros (75.000 €).
Liña II. Elaboración e implantación de plans de igualdade: cen mil euros (100.000 €).
Liña III. Conciliación da vida laboral, familiar e persoal.
Programa 1. Incentivos económicos para o fomento de teletraballo e da flexibilidade horaria: catro centros mil euros (400.000 €).
Programa 2. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que fomenten o teletraballo: vinte e catro mil douscentos cincuenta e nove euros (24.259 €).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.