jueves, 18 de agosto de 2016

CONVOCATORIA PARA OBTENCIÓN DOS CELGAS 1,2,3,4 NO ANO 2016

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto.
Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016.
Persoas destinatarias.
As persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes de finais do ano 2016, nacionais ou estranxeiras.
Datas de realización das probas.
Celga 4: 5 de novembro de 2016.
Celga 2: 6 de novembro de 2016.
Celga 3: 12 de novembro de 2016.
Celga 1: 13 de novembro de 2016.
Estas datas poderán mudarse por razóns de forza maior ou para a mellor administración das probas.
Se o número de aspirantes non permite a realización da totalidade das probas orais no día sinalado nesta resolución, a Comisión Central de Avaliación determinará o día ou días en que terá lugar a devandita avaliación oral, que serán debidamente anunciados na páxina web www.lingua.gal
Lugares onde se van realizar as probas e niveis.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Os lugares concretos e o horario indicaranse cando se fagan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada proba de nivel Celga.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.