viernes, 29 de julio de 2016

BASES PROGRAMA RESPONSABILIZATE (RSE)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
As presentes bases teñen por obxecto regular o proceso de selección de pemes ás que se prestarán os servizos do programa Responsabilízate.
O programa consiste en impulsar unha maior implantación da RSE nas pemes cun acompañamento real dun titor experto en RSE que facilite este labor. A titorización estará orientada a dous aspectos básicos:
1º. Diagnose ou análise do estado e potencial da RSE na peme galega: consistirá en facilitar a diagnose da situación ou posibilidades da RSE e a formación nas pemes, que abra un camiño para o interese e implantación da RSE na peme.
2º. Actuación: acompañar na definición dun plan de acción e implantación das primeiras accións.
Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destes servizos as pequenas e medianas empresas (pemes) que teñan radicado o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
2. Ademais do especificado no punto anterior, as pemes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
c) Non seren entidades sen ánimo de lucro.
d) Non ter sido sancionadas, por ningunha causa, nos tres últimos anos.
 Servizos aos que optarán as beneficiarias
1. O programa Responsabilízate componse dos seguintes servizos:
a) Análise do estado ou diagnose da situación da RSE: o diagnóstico partirá dun primeiro contacto para coñecer a empresa en profundidade. Tras un estudo e a realización da análise a través da plataforma Xunta Pro_RSE, completarase o diagnóstico final. Esta fase terá unha duración estimada de 15 horas para cada unha das empresas seleccionadas.
b) Formación: consistirá nun mínimo de 15 horas de duración por cada empresa, nas que se tratarán cuestións como a sensibilización e contexto da RSE, o mapa de grupos de interese, enfoques de diálogo con estes grupos e as ferramentas para xestionar a RSE. Esta formación poderá organizarse agrupándose as distintas empresas que participan no programa.
c) Plan de acción e implantación: consistirá nun proceso, dunha duración aproximada de 40 horas por empresa, no que se definirá o plan de RSE e se acompañarán a pemes na implantación das primeiras accións identificadas.
2. Aos servizos da letra c) poderán optar as pemes que, unha vez realizados os dous servizos anteriores, conten con maiores potencialidades para adoptar unha xestión en materia de RSE.