viernes, 10 de junio de 2016

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA OBTER O TÍTULO DE XESTOR ADMINISTRATIVO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Requisitos
Poderá concorrer ás probas de aptitude quen, á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, reúna os seguintes requisitos:
a) Ser español, nacional dun Estado membro da Unión Europea, dos demais signatarios do Acordo sobre o espazo económico europeo, ou dun país que conceda reciprocidade de títulos e dereitos.
b) Ser maior de idade.
c) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha das administracións públicas, nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas, no ámbito de ningún dos Estados membros da Unión Europea, dos demais signatarios do Acordo sobre o espazo económico europeo ou dos países con que existan convenios de reciprocidade.
d) Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos académicos:
– Licenciatura en dereito, en ciencias económicas, en ciencias empresariais ou en ciencias políticas, de conformidade co artigo 6.e) do Decreto 424/1963, do 1 de marzo, de aprobación do Estatuto rgánico de xestor administrativo.
– Licenciatura no ámbito das ciencias económicas e empresariais, do dereito e das ciencias políticas que as sucederon no extinto Catálogo de títulos universitarios oficiais de España.
– Máster universitario implantado ao abeiro do Real decreto 1393/2007, do 27 de abril, adscrito á rama de coñecemento das ciencias sociais e xurídicas e vencellado ao eido disciplinar dalgunha das licenciaturas requiridas polo estatuto orgánico.
– Grao implantado ao amparo do Real decreto 1393/2007, do 27 de abril, en cuxo proceso de verificación a universidade que expide o título declarase especificamente que os estudos de grao substitúen unha das licenciaturas previstas nos puntos anteriores.
– No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da credencial da autoridade competente que acredite a súa homologación.
Presentación de solicitudes
As solicitudes deberanse presentar no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, na sede do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia (r/ Durán Loriga 2, 1º, 15003 A Coruña) ou nas súas delegacións de Lugo (r/ Bolaño Rivadeneira, 2, entresollado, 27001 Lugo), Ourense (r/ Concello, 14, entresollado, 34003 Ourense), Pontevedra (r/ Blanco Porto, 9-1º, 36001 Pontevedra) e Vigo (r/ Zamora, 98, baixo, 36211 Vigo), ou a través das oficinas de correos, mediante envío certificado.