jueves, 9 de junio de 2016

AXUDAS AOS PLANS DE REESTRUTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA EN GALICIA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 27 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2016.

Obxecto
1. Regular estas axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia a través de plans (colectivos e individuais) e realizar a súa convocatoria para 2016, en réxime de concorrencia competitiva.
2. O apoio para esta medida aplicarase ás viñas de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións para calquera das superficies de viña das súas explotacións.
Persoas beneficiarias
1. Os viticultores inscritos no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) que destinen a produción de uva a vinificación.
2. Non se subvencionarán as novas plantacións de viña nin tampouco a renovación normal das viñas que chegasen ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao de publicación no DOG.