jueves, 5 de mayo de 2016

SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO DA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

EXTRACTO da Resolución do 18 de marzo de 2016 pola que se convocan para o ano 2016 as subvencións para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións do Programa de rexeneración e renovación urbanas da área de rehabilitación integral (ARI) dos Camiños de Santiago para a anualidade 2016.
2. Estas subvencións están destinadas a financiar actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas situadas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago e que conten coa correspondente resolución de cualificación definitiva.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean en posesión da correspondente cualificación definitiva outorgada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e terminará co esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria e, en todo caso, o día 30 de novembro de 2016.