martes, 24 de mayo de 2016

CONCOCATORIA PROBAS LIBRES DE TÍTULOS EXTINGUIDOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer en centros públicos a realización de dúas convocatorias de probas libres para a obtención de títulos de formación profesional actualmente extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, co fin de permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que cursase as ensinanzas dos devanditos títulos na Comunidade Autónoma de Galicia.
A relación de ciclos formativos para os cales se convocan probas libres de módulos profesionais de títulos extinguidos no curso académico 2016/17 e a dos centros públicos en que se realizarán as devanditas probas figuran no anexo II desta orde.
2. As dúas convocatorias terán lugar no curso académico seguinte ao da extinción definitiva da docencia do título, consonte o seguinte calendario:
A primeira convocatoria realizarase no mes de setembro, antes do comezo das actividades lectivas, co fin de posibilitar a matrícula no ciclo equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
A segunda convocatoria realizarase no mes de xuño, coincidindo co remate das actividades lectivas.
3. Poderán ser obxecto de avaliación nas devanditas convocatorias todos os módulos profesionais dos ciclos formativos extinguidos agás o de Formación en centros de traballo (FCT), que se regulará segundo o disposto no artigo 9 desta orde.
4. O alumnado con módulos pendentes en ciclos formativos de menos de 2.000 horas de duración tras a realización da primeira convocatoria prevista de probas libres poderá solicitar praza no segundo curso polo réxime ordinario, para os efectos de rematar o ciclo formativo que se extingue, se cumpre os correspondentes criterios de promoción.
5. O alumnado con módulos pendentes diferentes ao de FCT tras a realización de calquera das dúas convocatorias previstas de probas libres e que desexe finalizar os seus estudos poderá matricularse, de ser o caso, nas ensinanzas do título equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o cal se aplicará o réxime de validacións de módulos establecidos no real decreto correspondente.
No caso do réxime ordinario, a matrícula formalizarase no curso que corresponda en función do cumprimento dos requisitos de promoción.
Prazo de solicitude
Establécense dous prazos de presentación de solicitudes en función das convocatorias previstas:
a) Para a primeira convocatoria: do 5 ao 15 de xullo de 2016.
b) Para a segunda convocatoria: do 5 ao 15 de maio de 2017.