martes, 24 de mayo de 2016

AXUDAS ÁS COMUNIDADES DE PROPIETARIOS PARA REPARACIÓN, REHABILITACIÓN E OU ADAPTACIÓN EDIFICIOS VIVENDAS PROTEXIDAS

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


 Obxecto
1. Estas subvencións teñen por obxecto as actuacións de reparación, rehabilitación e/o adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo IGVS e dos transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante os reais decretos de transferencias 1926/1985, do 11 de setembro, e 1461/1989, do 1 de decembro.
2. As subvencións deste programa son compatibles con calquera outra axuda pública, sempre e cando a suma de todas elas non supere o custo total da actuación concreta.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as comunidades de propietarios/as dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo IGVS e dos transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante os reais decretos de transferencias 1926/1985, do 11 de setembro, e 1461/1989, do 1 de decembro, sempre que non recibisen outra axuda do IGVS para realizar obras do mesmo concepto nos dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria.
2. As comunidades de propietarios/as solicitantes non poderán estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o que se acreditará por medio da declaración responsable do representante legal da comunidade de propietarios/as (anexo I).
3. Para poder ser beneficiaria da axuda, a comunidade de propietarios/as debe selo dun edificio que cumpra os seguintes requisitos:
a) Que teña unha antigüidade superior a 10 anos.
b) Que reúna as necesarias condicións de seguridade estrutural. No caso contrario, a comunidade solicitante deberá acreditar a realización simultánea das obras que garanten que o edificio reúne as condicións necesarias de seguridade estrutural.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.