martes, 5 de abril de 2016

SUBVENCIÓN FOMENTO DO COOPERATIVISMO E DA ECONOMÍA SOCIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e finalidade
Realizar actividades de impulso e fomento do cooperativismo e da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:
Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais (programa I), oficinas locais de fomento cooperativo e da economía social (programa II) e apoio ás entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades no marco da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social (programa III).
Entidades beneficiarias
As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I; os concellos de Galicia, a través dos órganos dunha área metropolitana, dunha mancomunidade de municipios, dun consorcio local ou dunha agrupación dun mínimo de catro concellos que pertenzan a unha mesma zona, nos termos e para as actuacións previstas no programa II, e as fundacións e asociacións, as cámaras de comercio, as organizacións profesionais, empresariais e sindicais e outras entidades sen ánimo de lucro, sinaladas nas alíneas d), f) e g) do número 1 do artigo 5 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social e se regula o seu funcionamento, que teñan formalizada a súa adhesión a esta rede por medio de convenio de colaboración, asinado con anterioridade á publicación desta orde, para as actuacións e nos termos previstos no programa III.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 5 de maio de 2016