viernes, 5 de febrero de 2016

SUBVENCIÓN RENOVACIÓN DE FACHADAS E CUBERTAS DE LOUSA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


 Obxecto
 As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de fachadas e cubertas con lousa acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os particulares ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios, as persoas físicas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.
3. En ningún caso o obxecto da subvención se destinará nin se adscribirá a ningunha actividade empresarial ou profesional.
4. Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.
No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgotase o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedinte acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da Consellería.