miércoles, 3 de febrero de 2016

SUBVENCION PROXECTOS EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA DESTINADOS A PARTICULARES

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


 Obxecto
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quecemento dun fluído mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible.
Requisitos e regras xerais
Todos os proxectos deberán cumprir os requisitos seguintes:
1. Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto unha vez presentada a solicitude de axuda.
2. Que se desenvolvan nas zonas rurais de Galicia. A definición de zona rural realizarase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) no seu territorio. No caso de Galicia, só teñen esa consideración de zonas urbanas os 7 concellos dos núcleos de poboación máis grandes da comunidade autónoma (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela). A Autoridade de xestión, xunto co Instituto Galego de Estatística, perfila as cuadrículas de estudo (1 km2) dentro de cada unha das zonas urbanas a nivel parroquia (unidade de poboación significativa do medio rural galego) definindo parroquias rurais, intermedias ou urbanas. As parroquias definidas como rurais ou intermedias serán admisibles aos efectos do fondo Feader.
Esta información pode ser consultada nos propios concellos ou na web:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es.
3. Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os que foron aprobados
4. Que sexan viables tecnicamente.
5. Que se axusten á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia enerxética.
6. Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.
7. Que o solicitante ou a entidade colaboradora non teñan sido sancionados pola Consellería de Economía, emprego e Industria pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo de un ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.
8. A entidade colaboradora no caso de pago indebido quedará obrigada a reembolsar o importe en cuestión, ao que se engadirán, no seu caso, os intereses. Non se aplicará a obriga de reembolso si o pago e froito dun error da autoridade competente ou de outra autoridade sen que a entidade colaboradora puidera detectar razoablemente ese erro (artigo 7.1 e 3 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014).
Con carácter xeral os supostos de retirada total e parcial da axuda e a imposición de sancións administrativas o beneficiario e as entidades colaboradoras veñen reguladas no artigo 63 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014.