viernes, 26 de febrero de 2016

AXUDAS DE MOBILIDADE COMPLEMENTARIAS ERASMUS+

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2015/16.
Período
As actividades que se subvencionan nesta convocatoria serán realizadas durante o curso académico 2015/16
Requisitos dos/das solicitantes
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de ensinanzas artísticas superiores de centros públicos que cumpra os seguintes requisitos:
a) Ser cidadán da Unión Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado español.
b) Estar matriculado no curso 2015/16 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores nesta comunidade autónoma.
c) Ter obtido unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2015/16.
d) Que a duración mínima da estadía, para os efectos de concesión da bolsa, sexa de tres meses e a máxima de nove meses.
e) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes

PROGRAMA OBRADOIROS DE FOLCLORE, ARTESANÍA, COCIÑA E SEMINARIOS DE CULTURA GALEGA NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá a colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e as entidades galegas no exterior para a realización de obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega, dirixidos ás persoas asociadas galegas e aos seus descendentes, así como a aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia ou que participen nas actividades da asociación.
2. Así mesmo, por medio desta resolución, procédese á convocatoria deste programa para o ano 2016.
Entidades beneficiarias
Poderán solicitar a organización destes obradoiros as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como as agrupacións, federacións ou unións destas entidades, co fin de pór en común os medios e recursos dispoñibles.
Os obradoiros de folclore están dirixidos ás entidades que teñan grupos ou escolas de folclore constituídas da modalidade solicitada.
Os obradoiros artesanais están dirixidos ás entidades que teñan un taller no cal un grupo de persoas se dedique a desenvolver esas actividades.
Os obradoiros de cociña e os seminarios de cultura galega están dirixidos a entidades que conten con instalacións e equipamentos adecuados para o seu desenvolvemento e teñan entre os seus obxectivos a promoción e difusión dos costumes e cultura de Galicia.
Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

miércoles, 24 de febrero de 2016

SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DO COOPERATIVISMO E DA ECONOMÍA SOCIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA



Obxecto e finalidade
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para realizar actividades de impulso e fomento do cooperativismo e da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:
Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
Programa II. Oficinas locais de fomento cooperativo.
Programa III. Apoio ás entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades no marco da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.
Entidades beneficiarias
1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda:
a) As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.
b) Os concellos de Galicia, a través dos órganos dunha área metropolitana, dunha mancomunidade de municipios, dun consorcio local, ou dunha agrupación dun mínimo de catro concellos que pertenzan a unha mesma zona, nos termos e para as actuacións previstas no programa II.
c) As fundacións e asociacións, as cámaras de comercio, as organizacións profesionais, empresariais e sindicais e outras entidades sen ánimo de lucro, sinaladas nas letras d), f) e g) do número 1 do artigo 5 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e se regula o seu funcionamento, que teñan formalizada a súa adhesión á esta rede por medio de convenio de colaboración, asinado con anterioridade á publicación desta orde, para as actuacións e nos termos previstos no programa III.
2. Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:
a) As asociacións de cooperativas, de sociedades laborais, as fundacións e asociacións, as organizacións profesionais, empresariais e sindicais, así como outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar legalmente constituídas e inscritas nos rexistros competentes e cumprir os requisitos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Estar ao día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.
c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
Prazo de solicitude: O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda é un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 22 de febrero de 2016

AXUDAS ECONÓMICAS A EMPRESAS XORNALÍSTICAS E DE RADIODIFUSIÓN 2016

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


 Obxecto e réxime das subvencións
1. As axudas reguladas por estas bases teñen por obxecto establecer subvencións ás empresas xornalísticas que, estando debidamente inscritas no Rexistro Mercantil ou no que corresponda segundo a forma empresarial que adopten, realicen a súa actividade informativa orientada a alentar a defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a defensa da súa cultura.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
Tipos de axuda, actuacións e gastos subvencionables
1. As axudas destinadas a empresas xornalísticas desagréganse en tres tipos de axudas:
a) Axudas a xornais impresos en formato papel.
Poderanse conceder estas axudas ás empresas xornalísticas que, cumprindo o resto dos requisitos establecidos nesta resolución, editen, publiquen e distribúan xornais impresos en formato papel co mesmo título e numeración sucesiva.
En todo caso, deberán estar incluídas no informe do Estudo Xeral de Medios elaborado pola Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) ou no informe da Oficina da Xustificación da Difusión (OXD), sempre referido ao ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.
Quedan excluídos da concesión desta axuda as publicacións de distribución gratuíta.
b) Axudas a empresas radiofónicas privadas.
Poderanse conceder estas axudas as empresas radiofónicas privadas que dispoñan de título administrativo habilitante para prestar servizos de comunicación audiovisual radiofónico mediante ondas hertzianas na Comunidade Autónoma de Galicia e que, realizando as súas emisións no seu territorio, cumpran cos requisitos establecidos nesta resolución. O devandito servizo préstase para a audición simultánea de programas e contidos sobre a base dun horario de programación.
En todo caso, deberán estar incluídas no informe do Estudo Xeral de Medios elaborado pola Asociación da Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) sempre referido ao ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.
Quedan excluídos da concesión desta axuda aquelas empresas radiofónicas que no momento da solicitude non sexan titulares da correspondente licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual mediante ondas hertzianas terrestres.
c) Axudas a empresas xornalísticas que difundan a súa actividade informativa mediante a internet.
Poderanse conceder axudas ás empresas xornalísticas que transmitan e difundan información diaria e periódica a través da internet.
En calquera caso, quedan excluídos da concesión desta axuda aquelas empresas de radiodifusión privadas que emitan exclusivamente a través da internet.
2. Consideracións xerais sobre os gastos subvencionables.
A determinación dos gastos subvencionables realizarase conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen nos prazos establecidos nesta resolución.
En ningún caso o importe da subvención concedida poderá superar individualmente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos o custo da actividade subvencionada.
Os custos indirectos formarán parte da xustificación da subvención, sempre que os imputase o beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda, de acordo cos principios e normas xerais de contabilidade e, en todo caso, na medida que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.
 Beneficiarios
1. De acordo co establecido no Decreto 71/1999, do 18 de marzo, os beneficiarios destas axudas serán as empresas xornalísticas que publiquen ou difundan informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións que cumpran co obxecto destas axudas e co resto de requisitos establecidos nesta resolución.
2. As empresas beneficiarias deben acreditar un cadro de persoal medio de traballadores en alta de polo menos cinco traballadores e elaborar e difundir toda ou parte da súa produción informativa de forma específica no territorio da comunidade autónoma no ano natural anterior ao da convocatoria.
3. Quedan excluídos da concesión de axudas:
a) Os boletíns interiores de institucións, as publicacións de partidos políticos, asociacións relixiosas ou entidades públicas.
b) As empresas que emitan a través do sinal de televisión.
c) As que, ao longo do ano anterior ao da convocatoria, incluísen publicidade que non se ateña ao disposto no artigo 10 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, en materia de toponimia.
d) As empresas radiofónicas cun modelo de programación secuencial e repetitivo nas cales as súas emisións se baseen en contidos musicais.
e) As entidades sen personalidade xurídica e/ou sen ánimo de lucro.
Prazo de solicitude: ata o 19 de marzo de 2016.

LEI 2/2016, DO SOLO DE GALICIA

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

LEI 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia

lunes, 15 de febrero de 2016

LEI 1/2016 DE TRANSPARENCIA E BO GOBERNO

CORRECCIÓN DE ERROS.- PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLA E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2016

PROGRAMA ESCOLAS ABERTAS PRESENCIAIS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
1. A presente resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a realización de obradoiros culturais de especialización de carácter presencial dirixidos ás entidades galegas do exterior e ás persoas galegas residentes fóra de Galicia.
2. Así mesmo, é obxecto desta resolución a convocatoria de axudas para participar nos obradoiros para o ano 2016.
Persoas beneficiarias e requisitos
1. Persoas xurídicas.
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para este programa as entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
As entidades solicitantes deberán ter constituídas escolas ou grupos consolidados da especialidade que soliciten con actividade continuada, cando menos, nos dous últimos anos.
Tamén poderán ser beneficiarias as entidades que, non cumprindo o establecido no parágrafo anterior, tivesen grupos constituídos nos últimos dez anos e estean no seu proceso de recuperación.
Para solicitar o obradoiro de confección de traxe tradicional galego, a entidade galega deberá ter grupo de baile ou música debidamente constituído e cun funcionamento ininterrompido, como mínimo, durante catro anos.
As persoas propostas deben ser maiores de 18 anos e menores de 65 e responsables de impartir a docencia, na modalidade solicitada dentro da entidade solicitante. Malia o anterior, mediante resolución razoada, á vista de circunstancias excepcionais de excelencia ou dedicación nas materias que se impartirán no obradoiro correspondente, a persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración poderá autorizar a participación dalgunha persoa maior ou menor destas idades.
As persoas propostas pola entidade non poderán ter participado no programa Escolas Abertas máis de dúas veces nos últimos catro anos, en calquera modalidade. Se así fose, quedarán excluídas.
Non poderán ser beneficiarias as entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Persoas físicas.
Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as persoas emigrantes galegas e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade, maiores de 18 anos e menores de 65, residentes fóra de Galicia, que acrediten ser responsables de impartir docencia na modalidade que soliciten en entidades distintas das mencionadas no número 1 deste artigo e que cumpran os requisitos exixidos para o resto dos participantes.
Non poderán ser beneficiarias as persoas en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin poderán ter participado no programa Escolas Abertas máis de dúas veces nos últimos catro anos, en calquera modalidade. Se así fose, quedarán excluídas.
3. Os requisitos teñen que cumprirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.
Prazas e datas de realización
1. O número de prazas ofertadas ascende a un total de 90 distribuídas do seguinte xeito:
– Área 1 (países europeos): 21 prazas.
– Área 2 (países do resto do mundo): 69 prazas.
As prazas vacantes nunha das áreas poderanse adxudicar á outra área, de haber nela solicitudes admitidas e contar con crédito suficiente no programa.
No obradoiros de gaita, baile, canto popular e pandeireta e percusión reservarase un total de 4 prazas para as solicitudes de persoas físicas.
2. Os obradoiros desenvolveranse en Galicia durante o mes de xullo do ano 2016.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE XESTORES DE INTERNACIONALIZACIÓN

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL DO SISTEMA EDUCATIVO PARA O ANO 2016

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto e ámbito de aplicación
Esta orde ten por obxecto a regulación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2016.
Finalidade e persoas destinatarias das probas de acceso
1. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título de formación profesional básica, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuaren a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
2. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Requisitos das persoas participantes
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.
Datas e lugares de inscrición
A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2015/16. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 4 e 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.
Realización da proba
1. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2016 no horario que se indica a seguir:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.
2. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.
 Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Requisitos das persoas participantes
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para accederen a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Datas e lugares de inscrición
A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo II, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2015/16 (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro). O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 e 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.
Realización da proba
A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 39.3 do Decreto 114/2010.
1. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 20 de abril de 2016 no horario que se indica a seguir:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 10.15 ás 13.30 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).
– Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo a que se desexe acceder, segundo o anexo VII desta resolución).
2. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.


CONVOCATORIA PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE DETERMINADOS CARNÉS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
O obxecto desta orde é establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para realizar os exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2016 nas seguintes especialidades:
– Operador/a industrial de caldeiras.
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Instalador/a de gas, categoría A.
– Instalador/a de gas, categoría B.
– Instalador/a de gas, categoría C.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
O procedemento obxecto desta orde articularase en dúas convocatorias independentes, denominadas ordinaria e extraordinaria, en atención ao período do ano no que se desenvolven.
Requisitos das persoas aspirantes
Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estaren en idade legal laboral ou teren a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.
Prazo de presentación de solicitudes
1. Para a convocatoria ordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 15 ao día 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.
2. Para a convocatoria extraordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 ao día 13 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.

PROGRAMA CONECTA CON GALICIA DIRIXIDO A MOZOS/AS DE ORIXE GALEGA QUE RESIDAN NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto regular as axudas correspondentes ao programa «Conecta con Galicia» para o ano 2016, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.
2. Así mesmo, é obxecto desta resolución proceder á convocatoria das devanditas axudas para o ano 2016.
Persoas beneficiarias e requisitos
1. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa os mozos e mozas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter a súa residencia habitual fóra de Galicia.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
c) Ter a nacionalidade española.
d) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes, para aquelas persoas solicitantes que teñan 18 ou máis anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Este requisito non será exixible ás persoas participantes procedentes do resto de España.
e) As persoas participantes en actividades de aire libre deberán ter, en 30 de xuño de 2016, unha idade comprendida entre os 14 e os 20 anos.
f) As persoas participantes na modalidade de campos de traballo deberán ter, en 30 de xuño de 2016, unha idade comprendida entre os 20 e os 30 anos.
g) Non ter participado na mesma modalidade en edicións anteriores deste programa.
h) Para as prazas financiadas ao 100 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores a dúas veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano desta convocatoria. Para as persoas solicitantes residentes en Cuba, os ingresos non poderán ser superiores á prestación económica por ancianidade establecida polo Estado español para o ano desta convocatoria.
Para as prazas financiadas ao 50 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores a catro veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano desta convocatoria.
Malia o disposto nos parágrafos anteriores, se a persoa solicitante carece de rendas ou ingresos suficientes segundo o previsto neles, pero convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 % da devandita cifra polo número das persoas que convivan menos unha.
Para o resto das prazas, non se establecerá límite de ingresos.
2. Terán a consideración de rendas ou ingresos computables todo tipo de rendas, mesmo as axudas públicas ou privadas, os bens ou dereitos de que dispoña anualmente a persoa beneficiaria e/ou a súa unidade económica familiar, derivadas tanto do traballo como do capital, así como calquera outro substitutivo daqueles.
3. A unidade económica familiar estará integrada pola persoa solicitante, os pais e parentes por consanguinidade, afinidade ou adopción ata o segundo grao que convivan con ela, así como, se é o caso, o cónxuxe, parella de feito ou relación análoga de afectividade.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de corenta (40) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

viernes, 12 de febrero de 2016

C.ERROS.- AXUDAS PROMOCIÓN EXTERIOR CONXUNTA DAS EMPRESAS GALEGAS

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓN PARA A PREVENCIÓN DOS DANOS CAUSADOS AOS BOSQUES POR INCEDIOS E CATÁSTROFES EN MVMC E SOFOR

CORRECIÓN ERROS.- LEI 13/2015 MEDIDAS FISCAIS E ADMINISTRATIVAS

CORRECCIÓN DE ERROS E ANEXOS.- AXUDAS AOS INVESTIMENTOS FORESTAIS EN TECNOLOXÍAS FORESTAIS, PROCESADO, MOBILIZACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS FORESTAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL




AMPLIACIONS DE PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIONS COMUNIDADES GALEGAS, ENTIDADES GALEGAS E PERSOAS RESIDENTES NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA




APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL

CORRECCIÓN ERROS.-SUBVENCIÓN AFD 2016

CORRECCIÓN DE ERROS E ANEXOS AXUDAS PARA A REFORESTACIÓN E PARA A CREACIÓN DE SUPERFICIES FORESTAIS

CORRECCIÓN DE ERROS E ANEXOS AXUDAS A SILVICULTURA EN BOSQUES NO MEDIO RURAL.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL



AXUDAS AO ALUMNADO UNIVERSITARIO PARA CONTINUAR ESTUDOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
O obxecto desta orde é convocar axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, no curso académico 2015/16, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.
Requisitos dos/as solicitantes
Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:
a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista (orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2015/16. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de setembro de 2015 e o 30 de xuño de 2016.
c) Estar matriculado, no curso académico 2015/16, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos que deberá de estar matriculado como mínimo de 30 créditos.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2016 é dicir 5.150,60 euros (429,22 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.
Prazo de presentación das solicitudes
– Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2016, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).

ANEXOS AXUDAS FOMENTO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN GALICIA

ANEXOS DO PLAN RENOVE DE FIESTRAS

AMPLIACIÓN DE PRAZO DE SOLICITUDE AXUDAS ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR CONXUNTA DAS EMPRESAS GALEGAS

CONVOCATORIA PROBAS GRADUADO E.S.O. PARA MAIORES 18 ANOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


RESOLVO:
Convocar as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2016, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

Condicións das persoas aspirantes
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, apartado 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2015/16 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
5. O alumnado matriculado durante o curso 2015/16 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
5.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
5.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
Forma, lugar e prazos de presentación
1. Os prazos de matrícula serán:
Convocatoria de maio: do 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
Convocatoria de setembro: do 1 de xullo ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
2. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.es ).

CONVOCATORIAS PROBAS PARA OBTENCIÓN TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


RESOLVO:
Convocar a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2016, nas modalidades de Ciencias e tecnoloxía e Humanidades e ciencias sociais, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

Condicións das persoas aspirantes.
1. Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2016.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2015/16.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
2. Os aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.
Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias comúns, os aspirantes que teñan superadas as materias de modalidade de calquera das dúas vías da modalidade de Artes.
Forma, lugar e prazo de presentación.
1. O prazo de presentación das solicitudes será entre o 18 de febreiro e o 3 de marzo de 2016.
2. As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, de acordo co modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución, nos centros sinalados no punto 3 desta epígrafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es .
3. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero 3, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra 8-1º, 36202 Vigo.

AXUDAS Á UNIVERSITARIOS PARA ESTADÍAS NA U.E. NO VERÁN 2016 PARA COÑECER LINGUAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
O obxecto desta orde é convocar en réxime de concorrencia competitiva 150 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2016, do alumnado universitario matriculado no curso 2015/16 nalgunha das tres universidades do Sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia coa finalidade de coñecer a lingua dese país.
Período e dotación da axuda
1. As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2016, ambos inclusive.
2. A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 900 euros.
Requisitos dos/das solicitantes
1. Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2015/16, como mínimo en 50 créditos, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, e ter superado 60 créditos con anterioridade á data de publicación da orde na titulación que está a realizar.
O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
b) O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
2. Queda excluído desta convocatoria:
a) O alumnado que xa resultase beneficiario desta axuda en anteriores convocatorias.
b) O alumnado que durante o curso 2015/16 sexa adxudicatario dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus+, sempre e cando a estadía que pretenda realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país en que se está a desenvolver o devandito programa.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 14 de marzo de 2016.



ANEXOS AXUDAS DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA

miércoles, 10 de febrero de 2016

CONVOCATORIA OBTENCIÓN CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

PRESTACION ECONÓMICA DE PAGAMENTO UNICO POR FILLOS E FILLAS MENORES DE TRES ANOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación familiar polas fillas ou fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2016.
 Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nados entre o 2.1.2013 e o 1.1.2016, incluídos) e que, durante o ano 2014, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
No caso de fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2014 e o 31 de decembro de 2015, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
Así mesmo, serán beneficiarias desta axuda aquelas persoas solicitantes dela no ano 2015 que, cumprindo todos os requisitos sinalados na Orde do 30 de decembro de 2014, pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, modificada pola Orde do 31 de agosto de 2015, non se lles aboara por insuficiencia orzamentaria.
2. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio das persoas proxenitoras, o beneficiario ou beneficiaria da prestación será aquela persoa que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza de separación ou divorcio.
3. En ningún caso poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.
4. As persoas estranxeiras que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e os requisitos establecidos nesta orde. Ademais deberán ter a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e da modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio.
5. As persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Requisitos
Será requisito necesario para a concesión da prestación:
a) Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que da documentación presentada se poida deducir que isto non é así, poderanse requirir para que presenten documentación complementaria que o demostre.
b) Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
Prazo para a presentación das solicitudes
1. O prazo de presentación das solicitudes será de corenta días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

ANEXOS SUBVENCIÓNS RENOVACIÓN DE FACHADAS E CUBERTAS CON LOUSA

ANEXOS SUBVENCIÓNS RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA

ANEXOS SUBVENCIÓNS PARA A REHABILITACIÓN CON GRANITO DE FACHADAS

ANEXOS SUBVENIÓNS PARA GASTOS FUNCIONAMENTOS ENTIDADES ASOCIATIVAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

ANEXOS SUBVENCIÓN PROGRAMA AXUDAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE ASALARIADOS

ANEXOS PROGRAMA INTEGRACIÓN LABORAL PERSOAS CON DISCAPACIDADE NA EMPRESA ORDINARIA E NO MERCADO ORDINARIO DE TRABALLO

CORRECCIÓN DE ERROS. SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS MIXTOS DE EMPREGO E FORMACIÓN

CORRECCIÓN ERROS.- SUBVENCIÓN OBRADOIROS EMPREGO 2016

CORRECCIÓN ERROS.- PROGRAMA PROMOCIÓN EMPREGO AUTÓNOMO

ANEXOS SUBV.FOMENTO DO EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS MIXTOS DE EMPREGO E FORMACIÓN DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

ANEXOS PROGRAMA INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN MOZOS/AS INSCRITOS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

ANEXOS SUBVENCIÓNS PARA OS OBRADOIROS DE EMPREGO 2016

TIPO DE XURO 2016 PROGRAMA DE PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR PROXECTOS DE INVESTIMENTO

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


O tipo de xuro de referencia que se aplicará durante o ano 2016 ás operacións en vigor do Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), ao abeiro da Resolución do 22 de marzo de 2011 (DOG núm. 63, do 30 de marzo), será do 0,121 %.


AMPLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR DAS EMPRESAS GALEGAS

CORRECCIÓN DE ERROS.- LIÑAS DE APOIO AO ACCESO E ADECUACIÓN DO FINANCIAMENTO DAS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 16 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións leiteiras, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

CORRECCIÓN ERROS.- PROGRAMA RE-SOLVE 2016

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 16 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao acordo que aproba as bases reguladoras do programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas sociedades de garantía recíproca galegas e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2016), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

ANEXOS SUBVENCIÓNS PREVENCIÓN DANOS CAUSADOS AOS BOSQUES EN MVMC E SOFOR

ANEXOS SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES LOCAIS PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAS EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL PERCEPTORAS DA RENDA DE INTEGRACIÓN SOCIAL

ANEXOS SUBVENCIÓNS PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓN TICKET ELÉCTRICO SOCIAL

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS URXENTES TIPO SOCIAL PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELECTRICA.

AMPLIACIÓN DE PRAZO DE SOLICITUDE AOS PROXECTOS PILOTO FABRICA 4.0 E PARA A CONTRATACION DE XESTORES INTERNACIONAIS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA





AMPLIACIÓN DO PRAZO SOLICITUDE DO PROGRAMA CONCECTA PEME

ANEXOS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN COAS ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO

ANEXOS PLAN RENOVE DE ASCENSORES

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓN PARA FOMENTAR A REMUDA COMERCIAL

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS AS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

lunes, 8 de febrero de 2016

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS PARA ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR DAS EMPRESAS GALEGAS

ANEXOS SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS TÉ

ANEXOS AXUDA ÁS PERSOAS INQUILINAS DAS VIVENDAS ARRENDADAS NO MARCO DO PROGRAMA ALUGA

MODIFICACIÓN:- SUBVENCIÓN PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA DESTINADOS A PARTICULARES