jueves, 31 de diciembre de 2015

SUBVENCIÓNS PARA A REVITALIZACIÓN DO COMERCIO DE PROXIMIDADE E A INCENTIVACIÓN DO CONSUMO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e réxime da subvención
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a incentivación da demanda comercial e o incremento das vendas do comercio retallista a través do tícket de dinamización comercial.
Os importes correspondentes a este tícket son os que se especifican no apartado 2 do artigo 2.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24 de decembro de 2013, L352/1).
3. Considéranse actuacións subvencionables, as relacionadas a continuación, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 5 de outubro de 2016.
Non obstante, en función da súa especial natureza, tamén considéraranse actuacións subvencionables, aquelas actuacións que se inicien no mes de decembro do ano 2015 e teñan continuidade ininterrumpida no exercicio 2016, concretamente as actuacións derivadas da campaña de Nadal 2015/2016.
Actuacións subvencionables.
A incentivación da demanda comercial e do consumo que facilite o desenvolvemento e a mellora da actividade comercial levada a cabo polas asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións, a través de campañas de dinamización ou actuacións encamiñadas á promoción das vendas que deberan presentarse dentro dun proxecto de incentivación ao consumo no que se amose a participación directa das asociacións de comerciantes integrantes na entidade beneficiaria ou dos establecementos comerciais asociados, de ser o caso.
Non se consideran actuacións subvencionables aquelas que desenvolvan as federacións en ámbitos territoriais onde exista un centro comercial aberto que fora subvencionado no ano anterior pola Dirección Xeral de Comercio.
No suposto de que nas actuacións encadradas neste apartado, se inclúan bolsas como material promocional, o importe máximo da subvención por este concepto será do 15 % do importe total da subvención concedida.
4. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.
Así mesmo, de acordo co disposto no apartado 7 do devandito artigo os gastos financeiros, os de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais, periciais e os gastos de garantía bancaria poderán ser subvencionables si están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación ou execución desta.
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 15 de outubro de 2016, coa excepción dos gastos efectuados no ano 2015, de acordo co establecido no apartado 3.
En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
5. Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
Así mesmo, non serán subvencionables:
– Os custos de persoal.
– Os agasallos promocionais, nin a realización de cócteles e actos análogos.
– As campañas de dinamización, promoción ou calquera outra actuación que teñan exclusivamente por finalidade o patrocinio, colaboración ou axuda económica que comporten actividades lúdicas, turísticas, de exaltación gastronómica, ou similares, sen relación co fomento da actividade comercial.
– As bolsas que non sexan biodegradables e/ou reutilizables.
– As actuacións promovidas polos centros comerciais abertos ou polas asociacións de praceiros das prazas de abastos.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as asociacións de comerciantes sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia e supere o municipal.
Aos efectos desta orde, entenderase que as referidas asociacións teñen un ámbito de actuación superior ao municipal, cando alomenos o cincuenta por cento dos comercios polo miúdo asociados se atopen en dous ou mais concellos diferentes a aquel onde radique a sede da asociación.
Tamén poderán ser beneficiarias das subvencións as federacións de asociacións de comerciantes, legalmente constituídas, que pretendan levar a cabo proxectos de interese e transcendencia no ámbito comercial.
Prazo de solicitude: ata o 1 de febreiro de 2016.