lunes, 28 de diciembre de 2015

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO LOBO 2016

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO


Obxecto e principios
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor dos/as titulares de actividades gandeiras afectados/as polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2016.
2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Beneficiarios/as
1. Poderanse acoller a estas axudas os/as propietarios/as do gando que se especifica no anexo I e que foi afectado por ataques de lobos dentro da comunidade autónoma.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios/as das axudas previstas nesta orde as persoas ou entidades en que se produza algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou os/as propietarios/as de gando vacún leiteiro naqueles casos en que se poida demostrar unha clara neglixencia na protección dos animais contra os ataques do lobo.
Requisitos
O gando danado polo que se solicita a axuda deberá cumprir cos seguintes requisitos:
a) Pertencer a unha explotación incluída no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia.
b) O gando bovino, ovino e cabrún deberá cumprir cos requisitos sanitarios establecidos nos programas de control, vixilancia e erradicación de enfermidades que poden afectar as especies gandeiras de acordo coa normativa aplicable para o efecto.
No caso do gando porcino, deberá pertencer á raza Celta e cumprir cos requisitos sanitarios establecidos no Real decreto 599/2011, do 29 de abril, polo que se establecen as bases do plan de vixilancia sanitaria do gando porcino, e no Real decreto 360/2009, do 23 de marzo, polo que se establecen as bases do programa coordinado de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky.
c) Estar identificado de acordo coa normativa aplicable para o efecto e, no caso de gando porcino de raza Celta, deberán estar identificados individualmente e estar inscritos no Libro xenealóxico da raza.
Ámbito temporal
Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016.