miércoles, 4 de marzo de 2015

SUBVENCIÓN TICKET ELÉCTRICO SOCIAL DE GALICIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA


Convocatoria e bases reguladoras
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía e Industria en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o segundo semestre do ano 2014 e primeiro semestre do ano 2015.
Obxecto e réxime das subvencións
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto subvencionar parte da factura eléctrica ás familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (indicador público de renda de efectos múltiples).
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.
Actuacións e gastos subvencionables
1. Os gastos subvencionables serán as facturas de electricidade (IVE incluído) cuxo período de lectura estea incluído dentro do segundo semestre do 2014 ou primeiro semestre do 2015, segundo corresponda. No caso de que unha factura abranga un período que saia parte do semestre correspondente, considerarase subvencionable o custo prorrateado dos días incluídos no semestre.
Beneficiarios
Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan ao seu cargo fillos menores de 18 anos e un gasto derivado da subministración de enerxía eléctrica na súa vivenda habitual. Os requisitos que deben cumprir os beneficiarios da axuda son:
1. Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Ter fillos menores a cargo.
3. Estar aboando a correspondente factura de enerxía eléctrica a unha comercializadora e figurar como pagador na correspondente factura.
4. Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (indicador público de renda de efectos múltiples). A estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio. A determinación dos membros da unidade de convivencia realizarase atendendo á situación existente no momento da solicitude. Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade de convivencia, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio 2013 de cada un dos membros da unidade de convivencia, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.
5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.
6. Só poderá presentarse unha única solicitude por unidade de convivencia.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes para as axudas ao pagamento das facturas eléctricas do segundo semestre de 2014 comezará ao día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de abril de 2015. Para as axudas ao primeiro semestre do 2015 o prazo de presentación de solicitudes comezará o 1 de xullo de 2015 e rematará o 15 de setembro de 2015. Terá que facerse unha solicitude distinta para cada semestre.