miércoles, 18 de febrero de 2015

3 BOLSAS DE PRÁCTICAS FORMATIVAS NO SERVIZO DE NOVAS TECNOLOXÍAS

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO


Obxecto.
O obxecto da presente convocatoria é conceder, en réxime de publicidade, obxectivida de, transparencia,igualdade, non discriminación, eficacia, eficiencia e concorrencia competitiva, 2 bolsas destinadas a técnicos en sistemas microinformáticos e redes, e 1 bolsa destinada a técnicos superiores de Secretariado que desexen ampliar a súa formación práctica no Servizo de Novas Tecnoloxías, nalgunha das materias que son da competencia da Deputación Provincial de Lugo.
Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as
persoas solicitantes.
Requisitos específicos da convocatoria para as persoas solicitantes
Para solicitar as bolsas ás que se refire esta convocatoria é necesario e obrigatorio, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base segunda, os seguintes:
• Para as 2 bolsas de técnico en sistemas microinformáticos e redes estar en posesión, alomenos, ciclo Medio en Sistemas Microinformáticos e Rede.
• Para 1 bolsa de técnico superior en Secretariado estar en posesión, alomenos do título do Ciclo Superior en Secretariado.
• Ter dispoñibilidade inmediata
• Ter coñecementos acreditados no idioma galego.
Cantos outros estime oportunos a Comisión de Valoración para a mellor valoración da idoneidade (aptitude e actitude) do/a bolseiro/a a seleccionar 
Presentación das solicitudes e prazo.
A solicitude, xunto coa documentación adicional requirida, presentarase conforme ao modelo oficial que figura nos anexos I e III, dirixíndoa ao Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Lugo e presentándoa, preferentemente no Rexistro Xeral da Deputación ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro e a Lei 4/99 de modificación da anterior, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no BOP. As solicitudes presentadas fóra de prazo, en ningún caso, serán admitidas para participar na convocatoria.