miércoles, 7 de enero de 2015

AXUDAS PARA A ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS VITÍCOLAS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto e ámbito de aplicación
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución da medida de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecida no Real decreto 548/2013 de aplicación das medidas do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola español, excluidos os relacionados co desenvolvemento de novos produtos, procedementos e tecnoloxías, así como realizar a convocatoria para o ano 2015
Beneficiarios
1. Poderán presentar solicitudes para acollerse a estas axudas as microempresas e pequenas e medianas empresas, segundo se definen na Recomendación 2003/361/CE, da Comisión, do 6 de maio de 2003, que produzan, comercialicen ou realicen ambos os procesos respecto aos produtos vitivinícolas mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, producidos en territorio español, que teñan actividade no momento da presentación da solicitude ou que a inicien co proxecto presentado coa solicitude, e que sexan responsables finais do financiamento do proxecto.
Así mesmo, poderán beneficiarse da medida as empresas con menos de 750 empregados ou cuxo volume de negocio sexa inferior a 200 millóns de euros, que cumpran cos mesmos requisitos de produción e comercialización mencionados no parágrafo anterior.
No suposto destas empresas intermedias, a intensidade máxima de axuda reducirase á metade.
2. No entanto, cando se trate de solicitudes cuxa actividade sexa unicamente a comercialización, polo menos un 80 por cento da súa facturación do último exercicio pechado deberá proceder da comercialización dos produtos mencionados no número 1.
No caso de beneficiarios que inicien a súa actividade no ámbito da comercialización, deberán presentar un compromiso escrito de que polo menos o 80 por cento da súa facturación procederá da comercialización dos produtos mencionados no número 1.
3. Os solicitantes das axudas deben ter instalacións situadas en Galicia, ou prever telas coa execución dos investimentos para os cales se solicita a axuda, dedicadas á produción dos produtos mencionados no número 1, salvo, nos casos de proxectos de comercialización desvinculados fisicamente dunha adega, así como en todos os casos de comercialización noutro Estado membro, nos cales o requisito exixible é que os solicitantes teñan o seu domicilio fiscal en Galicia.
Prazo de solicitude: O prazo de presentación de solicitudes será o que se estableza na convocatoria anual
correspondente e, en todo caso rematará antes do 1 de febreiro de cada ano.