miércoles, 28 de enero de 2015

SUBVENCIÓN Á REMUDA COMERCIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA


Obxecto e réxime das subvencións
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto facilitar a remuda comercial dos pequenos comerciantes individuais autónomos que transmitan o seu negocio a un terceiro, asegurando a súa continuidade e fomentando a rexeneración do tecido comercial.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, que no seu artigo 19.2º establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4º desta lei.
O procedemento de concesión destas subvencións quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos de 200.000 euros nun período de tres anos establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013,L352/1).
3. As contías da subvención serán as seguintes:
a) Os transmisores que teñan a idade ordinaria para causar a pensión de xubilación percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que se posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñesen desenvolvendo, que se fixa na cantidade de oitocentos euros (800,00 €).
b) Os transmisores que non teñan acadado a idade ordinaria de xubilación percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que se posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñesen desenvolvendo, a razón de oitocentos euros (800,00 €) mensuais ata o último mes en que cumpran a idade ordinaria de xubilación legalmente establecida, contados desde o mes seguinte á resolución de concesión.
c) Os adquirentes do negocio comercial percibirán un pagamento único de dos mil euros (2.000 €), con independencia do número de establecementos que adquiran.
4. Durante o período de percepción das axudas reguladas nesta orde, os transmisores beneficiarios quedarán coa obriga de cotizar no correspondente réxime da Seguridade Social, no caso de que deban seguir cotizando para cubrir o período mínimo de cotización establecido, e deberán ser as propias persoas beneficiarias as que fagan o pagamento das devanditas cotas de cotización á Seguridade Social, e a subscrición, de ser o caso, do correspondente convenio, ou documentación acreditativa de causar baixa no réxime de autónomos, se non se subscribe.
5. A Dirección Xeral de Comercio poderá solicitar das persoas beneficiarias o cumprimento do indicado nos preceptos anteriores, así como realizar cantas xestións sexan precisas para a súa comprobación.
6. As persoas solicitantes ou beneficiarias deberán comunicar, o antes posible, toda variación, no referente a súa situación respecto á Seguridade Social que se produza e, en todo caso, nun prazo non superior aos dez días seguintes ao da recepción da documentación acreditativa de tales circunstancias. Así mesmo, no caso de falecemento dalgún solicitante ou beneficiario, este feito deberá ser comunicado polos seus herdeiros inmediatamente, xuntando a correspondente certificación de defunción.
Beneficiarios/as
1. Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os/as comerciantes retallistas que teñan capacidade legal para exercer o comercio e se dediquen a el de xeito habitual, de acordo coa definición establecida no artigo 1 do Código de comercio que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.
b) Ter unha idade mínima de 64 anos cumpridos na data en que se presenta a solicitude.
c) Exercer, como titular do comercio, unha ou varias das actividades comerciais relacionadas no anexo II, de forma ininterrompida durante os últimos dez anos.
Non obstante, considerarase cumprido este requisito polo comerciante que sucedese ou substituíse no exercicio da actividade comercial que viña desenvolvendo o seu cónxuxe, tras o falecemento deste ou tras o abandono deste de toda actividade comercial, antes da entrada en vigor desta orde, sempre que entre ambos os dous sumen os dez anos exixidos.
No caso de que a persoa solicitante estea dada de alta en dúas ou máis epígrafes do IAE, será considerada beneficiaria sempre que a actividade principal estea incluída dentro das agrupacións citadas. Considerarase actividade principal aquela que resulte de conxugar os elementos de facturación e superficie de venda destinada á actividade, que deberá acreditarse, se é o caso, coa presentación da declaración da renda do último exercicio.
d) Estar dado de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social nos dez últimos anos de forma ininterrompida e ter cotizado á Seguridade Social un período previo tal que lle permita completar o período de carencia exixido para causar dereito á pensión de xubilación, polo menos, ao chegar á idade ordinaria de xubilación.
e) Designar a persoa física continuadora da actividade, con capacidade legal para exercer o comercio.
f) Que figure inscrito no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
2. Tamén se considerarán beneficiarios/as as persoas designadas polo solicitante para a remuda comercial, con capacidade legal para exercer o comercio, quedando vinculadas ambas as persoas para a concesión da subvención.
En ningún caso pode un cónxuxe ser adquirente do outro cónxuxe que transmite a actividade comercial.
Non poderán acadar a condición de beneficiarios aqueles solicitantes en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 31 de agosto de 2015.

SUBVENCIÓN A PROGRAMAS DE ACTUACIÓN A PROL DAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, en favor das entidades galegas do exterior para gastos de funcionamento e para proxectos de actuación dirixidos ao cumprimento dos seus fins, sinaladamente nas áreas sociais, de xuventude, formativas, culturais, que persigan o mantemento ou fomento dos lazos con Galicia, que se concretan nos seguintes programas de actuación:
Programa 1. Axudas para de gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior.
Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude.
Programa 3. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas.
2. Así mesmo, é obxecto desta resolución proceder á convocatoria das devanditas subvencións para o ano 2015.
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as seguintes entidades:
1. Entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
2. Entidades galegas asentadas fóra de Galicia recoñecidas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.
3. Entidades resultantes de procesos de unión ou fusión xa rematados, que solicitasen o recoñecemento da súa galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
Non poderán concorrer ás subvencións establecidas nesta resolución as entidades galegas que adoptasen o acordo de iniciar un proceso de unión ou fusión mentres que o devandito proceso non estea rematado.
4. Especificamente para cada programa poderán ser beneficiarias as seguintes entidades galegas:
Programa 1: entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidade galega ou de centro colaborador da galeguidade.
Programa 2: calquera entidade galega recoñecida.
Programa 3: entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidades galegas así como as federacións e as asociacións de entidades galegas.
Prazo de solicitude: ata o 28 de febreiro de 2015.

martes, 27 de enero de 2015

SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DE BOLSAS ÁS PERSOAS NOVAS QUE REALIZAN PRÁCTICAS NON LABORAIS EN EMPRESAS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto e ámbito de aplicación
1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento ás empresas das bolsas das persoas novas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que realizan prácticas non laborais nestas empresas.
2. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realízase mediante réxime de concorrencia competitiva.
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego de Galicia no marco do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, subscriban acordos con persoas novas para a realización de prácticas non laborais.
Prazo de solicitude
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas comezará o día seguinte ao da publicación da presente orde e rematará o 31 de marzo de 2015.

AXUDAS A EMPRESAS QUE REALICEN PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS ESCRITAS INTEGRAMENTE EN GALEGO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto e réxime das subvencións
1. De acordo co artigo 2 do Decreto 103/1994, do 21 de abril, polo que se establecen axudas dirixidas ás publicacións periódicas escritas integramente en galego normativizado, estas axudas económicas teñen por obxecto a expansión e difusión do galego normativizado e da cultura nas tarefas de información xornalística.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
Beneficiarios e solicitudes
1. Os beneficiarios destas axudas serán as empresas xornalísticas, inscritas no Rexistro Mercantil, que realizaran publicacións periódicas escritas integramente en galego durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.
2. Quedan excluídas da concesión de axudas:
a) Os boletíns de información interior ou de institucións.
b) As publicacións de organizacións políticas, empresariais, profesionais, sindicais ou de entidades públicas.
c) As publicacións que se distribúan como suplemento ou de forma conxunta con outra publicación.
d) As publicacións que, estando sometidas ao control da Oficina de Xustificación da Difusión (OXD), non presenten o certificado acreditativo da difusión expedido polo dito organismo.
e) As publicacións que durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria non se publicasen en galego normativizado, segundo informe da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que se incorporará á acta da comisión de avaliación, de acordo co establecido no Decreto 173/1982, do 17 de novembro, de normativización da lingua galega (DOG do 20.4.1983) e na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística e as que incluísen publicidade que non se ateña ao disposto no artigo 10 da dita lei en materia de toponimia.
f) Aquelas publicacións que non se editasen durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria ou non manteñan a súa actividade no momento da solicitude da subvención.
Prazo de solicitude: ata o 27 de febreiro de 2015.

lunes, 26 de enero de 2015

TIPO DE XURO 1º SEMESTRE 2015 PARA DIFERENTES CONVENIOS E PROGRAMA DE AXUDA DO IGAPE

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Tipo de xuro para o primeiro semestre de 2015 para operacións acollidas a diferentes convenios e programas de axuda será: 0,182%

TIPO DE XURO 2015 PROGRAMA DE PRÉSTAMOS DO IGAPE PARA FINANCIAR PROXECTOS DE INVESTIMENTO N

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


O tipo de xuro de referencia que se aplicará durante o ano 2015 ás operacións en vigor do Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), ao abeiro da Resolución do 22 de marzo de 2011 (DOG núm. 63, do 30 de marzo), será do 0,345 %.

SUBVENCIÓN AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


 Obxecto
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quentamento dun fluído mediante equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible.
Beneficiarios
1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
c) As persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, as súas agrupacións e asociacións.
2. Quedan excluídas aquelas empresas que non teñan a consideración de pemes, segundo os termos definidos no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías (Regulamento (CE) 651/2014 da Comisión). Os datos para o cálculo de efectivos, os importes financeiros e o período de referencia serán os referidos nos artigos 4 e 5 do anexo I do citado regulamento.
3. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía, nos termos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.
4. Se as empresas non tiveren o domicilio social en Galicia, deberán acreditar, cando menos, a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da comunidade autónoma.
5. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, o máis tardar, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.
6. Non poderán obter a condición de beneficiarias as empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que tivese declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
7. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, nin as empresas exceptuadas do ámbito de aplicación do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, e máis do Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da agricultura.
8. As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas de dereito privado deberán nomear un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención. Estas agrupacións non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 26 de febreiro de 2015.


AXUDAS PARA O MANTEMENTO DE ESCOLAS INFANTÍS 0-3 DEPENDENTES DE ENTIDADES PRIVADAS DE INICIATIVA SOCIAL

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto a convocatoria en réxime de concorrencia competitiva de axudas económicas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social.
2. Para efectos desta orde, enténdese por nenas/os de 0 a 3 anos, as/os nadas/os con posterioridade a 31 de decembro de 2012.
Entidades beneficiarias
Poderán solicitar estas axudas as entidades privadas de iniciativa social que estean debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Traballo e Benestar, de acordo co disposto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, no relativo aos rexistros de entidades prestadoras de servizos sociais (DOG do 20 de xaneiro de 2012), e teñan en funcionamento unha ou máis escolas infantís 0-3 que desenvolva/n as súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia e que cumpran os requisitos xerais desta orde.
Prazo de solicitude: ata o 26 de febreiro de 2015.

viernes, 23 de enero de 2015

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS AOS INVESTIMENTOS DAS PEMES EN EQUIPAMENTOS PRODUTIVOS

CORRECCION DE ERROS.- AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES

AXUDAS PARA A INCORPORACIÓN DE MOZOS Á ACTIVIDADE AGRARIA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto e finalidade
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas á primeira instalación de agricultores/as mozos ou mozas (procedemento MR404A), e convocalas para o ano 2015.
2. Estas axudas teñen como finalidade asegurar a competitividade e a continuidade das explotacións agrarias de Galicia.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias as persoas que non figuran nin figurasen inscritos como titulares de explotacións agrarias no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, que se instalen nunha explotacións agraria prioritaria, que teñan cumpridos os 18 anos e sexan menores de 40 anos de idade no momento da solicitude de axuda.
Requisitos e compromisos
1. Os/as agricultores/as mozos/as que desexen acceder ás axudas á incorporación de agricultores novos á actividade agraria (A-Procedemento MR404A) deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter cumpridos os 18 anos e ser menor de 40 anos de idade no momento da solicitude de axuda.
b) Ter a condición de agricultor profesional. Durante todo o período de compromisos a que se fai referencia no artigo 2.a), a persoa beneficiaria da axuda deberá deberá manter a condición de agricultor profesional unha vez que a acade.
c) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no momento da solicitude da axuda, segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, ou comprometerse a adquirilo nun prazo improrrogable de dous anos desde a data de resolución da axuda.
d) Instalarse nunha explotación agraria que requira un volume de traballo equivalente polo menos a unha UTA ou acadar esta condición nun prazo máximo de dous (2) anos desde a data de solicitude de axuda. Durante todo o período de compromisos, a persoa beneficiaria da axuda deberá manter a condición de UTA unha vez que a acade, polo que anualmente se lle solicitarán os boletíns de cotización á Seguridade Social ou o informe de vida laboral para comprobar que se mantén esa UTA, no caso de que non autorice a consulta desta información.
e) Instalarse nunha explotación que non sexa resultado dunha segregación de parte doutra explotación.
2. Así mesmo deberán:
a) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco (5) anos, contados desde a data da presentación da solicitude de pagamento da axuda. Este compromiso será sometido a seguimento durante eses cinco (5) anos mediante a comprobación dos ingresos agrarios que figuren na última declaración do IRPF, que lle será solicitada anualmente ao beneficiario no caso de que non autorice a consulta desta información.
b) Cumprir a explotación as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais que figuran na normativa a que fai referencia o anexo IV, no prazo máximo de dous (2) anos desde a instalación do/a mozo/a.
c) Cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Dispoñer dunha contabilidade específica Feader ou dun código contable específico, no cal deben estar incluídos os gastos declarados para esta axuda.
e) Destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, que nunca será inferior a cinco (5) anos, contados desde a data da solicitude de pagamento, salvo que por causa técnica xustificada e acreditada documentalmente sexa autorizado pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, en concordancia co artigo 29.5º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura pública esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida.

BOLSAS DE FORMACIÓN NA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA


Obxecto e duración das bolsas de formación
As bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio teñen como obxectivo contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e o seu ámbito.
A Dirección Xeral de Comercio elaborará un programa formativo que integrará aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, e o sector da distribución e as estruturas comerciais. O programa formativo poderá estenderse a todas aquelas materias de comercio e artesanía sobre as cales o centro directivo ten competencia.
Así mesmo, a Dirección Xeral de Comercio nomeará un/unha titor/a responsable das actividades de formación que desenvolverán os/as bolseiros/as.
O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2015 cunha duración máxima de doce meses, contado desde a data da incorporación das persoas bolseiras ata o 30 de decembro.
Requisitos das persoas beneficiarias
Poderán optar á concesión destas bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliado/a na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou de grao. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes no ano 2007 ou posterior.
d) Non desfrutar anteriormente doutra bolsa de formación na Dirección Xeral de Comercio.
e) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.
f) Non gozar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.
g) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.
h) Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).
Prazo de solicitude: ata o 23 de febreiro de 2015.

miércoles, 21 de enero de 2015

CONVOCATORIA PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Convocar as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2015, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

Primeira. Condicións das persoas aspirantes
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Teren cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, ordinal 5º da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2014/15 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.
5. O alumnado matriculado durante o curso 2014/15 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
5.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
5.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
Segunda. Forma, lugar e prazos de presentación
1. Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
2. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
Realización das probas
1. As probas realizaranse en sesións de mañá e tarde os días 29 de maio e 9 de setembro para as respectivas convocatorias.
2. Entre as 8.30 e as 9.00 horas iniciarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba.
3. A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Ciencias da Natureza, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física.
Na segunda parte, das 12.15 ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación para a cidadanía e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.
Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:
a) Lingua Galega e Literatura.
a.1) Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.
a.2) Cuestións de Lingua Galega e Literatura.
b) Lingua Castelá e Literatura.
b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme o disposto no punto a.1) para Lingua Galega e Literatura.
b.2) Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.
c) Lingua estranxeira (Inglés ou Francés).
4. Seguindo as indicacións do equipo directivo dos centros onde se realizan as probas, o profesorado terá que colaborar nas tarefas de vixilancia dos exames.

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE VINTE ANOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto: Convocar a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2015, nas modalidades de Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:
1. Condicións das persoas aspirantes.
1. Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2015.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2014/15.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
2. Os aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.
Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias comúns, os aspirantes que teñan superadas as materias de modalidade de calquera das dúas vías da modalidade de Artes.
2. Forma, lugar e prazo de presentación.
1. O prazo de presentación das solicitudes será entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015.
2. As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, de acordo co modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución, nos centros sinalados no número 3 desta epígrafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.
3. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero 3, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra 8-1º, 36202 Vigo.
Celebración da proba.
A proba celebrarase o día 24 de abril de 2015 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

martes, 20 de enero de 2015

SUBVENCIÓN PARA A OBTENCIÓN OU MANTEMENTO DA MARCA Q DE CALIDADE

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto e réxime das subvencións
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Turismo de Galicia, para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á certificación, seguimento e renovación da marca Q de Calidade turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).
2. Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística: procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade turística Q do ICTE, correspondentes ao ano 2015 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2015.
3. Os conceptos obxecto desta axuda son aqueles procedentes de colaboracións externas e servizos asociados aos procesos de certificación cuxos custos sexan soportados directamente polos establecementos:
• Custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación. Só se terán en conta as xustificacións de gasto con data da auditoría de certificación posterior, e quedan excluídos os gastos xerados polo persoal dependente dos establecementos, así coma aqueles gastos en que incorra o solicitante durante o proceso de implantación da correspondente norma UNE. Os importes obxecto de subvención serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditoría do ano 2015.
• Custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2015, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.
Só se procederá ao pagamento da axuda no caso do logro efectivo da certificación correspondente, que se deberá acreditar de xeito fidedigno ante a Axencia Turismo de Galicia, e, en ningún caso se pagará a axuda sen esta condición.
Non serán beneficiarios desta axuda os establecementos certificados coa marca Q de Calidade turística do ICTE, baixo a fórmula de auditoría multi-site.
4. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se van subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
5. Cando o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior a 18.000,00 euros no suposto de prestación de servizos por empresas de auditoría acreditadas polo ICTE, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.
Cando a oferta elixida non recaia na proposta económica máis vantaxosa, presentarase tamén unha memoria xustificativa da elección realizada.
6. Poderá subcontratarse a actividade obxecto da subvención nun 100 %, de conformidade co previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas, as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan inscrita conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante REAT), a actividade turística para a cal se solicita a axuda, con base aos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.
Os anteditos beneficiarios deben estar comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20.5.2003), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.
Así, pequena empresa é aquela empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.
Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir coa documentación achegada polo solicitante da subvención. No caso de que o representante legal non sexa o mesmo que figura no REAT, deberá acreditarse esta condición coa presentación da solicitude.
2. Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
3. Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado.
4. Unha vez ditada a resolución de concesión, os cambios na persoa titular do establecemento subvencionado terán que ser previamente autorizados pola Administración concedente, e darán lugar á modificación da resolución de concesión nos termos do disposto no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o novo titular subrogarase na posición xurídica de beneficiario da subvención.
Prazo de solicitude: ata o 20 de febreiro de 2015.

SUBVENCIÓN PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS EN MONTES VECIÑAIS EN MAN COMUN

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas recollidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2015 en réxime de concorrencia competitiva.
Esta incentivación na colaboración dos titulares de montes veciñais en man común na realización de traballos de silvicultura preventiva contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de grande importancia na nosa comunidade, onde supoñen aproximadamente un terzo da superficie forestal existente, e en conxunto sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia.
2. De acordo co devandito obxecto, establécense dúas liñas de subvencións:
a) Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible (código de procedemento MR651A).
b) Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga (código de procedemento MR651B).
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións os titulares de montes veciñais en man común, así como as súas agrupacións e mancomunidades, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. As actuacións localizaranse en zonas de alto ou medio risco de incendios, o sexa, que poderá abranguer todo o territorio de Galicia, conforme o disposto na Orde do 18 de abril do 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.
2. No caso de agrupacións deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación. Cando se trate de agrupacións sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que percibirá cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.
No caso da liña II a porcentaxe de subvención deberá ser proporcional á superficie de cada CMVMC con respecto á superficie total da agrupación.
Prazo de solicitude: ata o 20 de febreiro de 2015.

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓN A PROXECTOS E MICROPROXECTOS DE COOPERACIÓN

lunes, 19 de enero de 2015

PROGRAMA DE AXUDA DO ALUGAMENTO

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto convocar na anualidade de 2015, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan de vivenda.
2. O procedemento de concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva.
Persoas beneficiarias
1. Poderán solicitar as axudas as persoas físicas que cumpran os requisitos previstos no artigo 2 das bases reguladoras.
2. O límite de ingresos da unidade de convivencia, composta polas persoas que teñan ou vaian ter o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada, suxeitarase ao establecido no artigo 6 das bases reguladoras e no Plan de vivenda, e non superarán 3 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante IPREM). En todo caso, inicialmente, só se atenderán as solicitudes que non superen o límite máximo de ingresos da unidade de convivencia.
3. No suposto de que as solicitudes que cumpran este límite non acaden o total das axudas convocadas, poderán atenderse as unidades familiares con ingresos de ata 3 veces o IPREM priorizadas, de acordo cos criterios establecidos no artigo 8 das bases reguladoras.
4. O computo de ingresos para acceder ao programa suxeitarase ao establecido nos artigos 4 e 5 das bases reguladoras.
Prazo de solicitude: ata o 19 de febreiro de 2015.

AXUDAS A AGRUPACIÓNS DE PRODUTORES PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN E PROMOCIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS CON CALIDADE DIFERENCIADA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e efectuar a convocatoria para o ano 2015 das axudas que, en réxime de concorrencia competitiva, vai conceder a Consellería do Medio Rural e do Mar para actuacións de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013. As accións deberán realizarse durante o ano 2015, coa data límite do 4 de setembro.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas as agrupacións de produtores, conforme a definición do artigo 2.1, que participen nalgún programa de calidade diferenciada de alimentos dos que se recollen no artigo 2.2 desta orde e que se refiran a produtos expresamente recollidos no PDR 2007/2013 de Galicia para a medida 133.
Prazo de solicitude: ata o 19 de febreiro de 2015.

jueves, 15 de enero de 2015

BOLSAS DE FORMACION DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


 Obxecto e finalidade
1. Por medio da presente orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria do programa 2015 de bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego en museos propios e xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
2. O persoal bolseiro realizará a súa actividade en diversos museos propios e xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Serán tutelados, dirixidos e coordenados polos servizos técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
3. As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
4. A formación comprende unha parte teórica e unha parte práctica que será impartida por persoal técnico da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas bolsas os solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
1. a) Solicitantes de bolsas de documentación de fondos de patrimonio moble:
– Licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o espazo europeo de educación superior, con formación académica nalgunha das materias que se relacionan a continuación:
• Historia ou Antropoloxía.
• Historia da Arte.
• Arqueoloxía.
b) Solicitantes de bolsas de restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia:
– Diplomatura universitaria en conservación e restauración de bens culturais ou equivalente, nas especialidades de:
• Arqueoloxía.
• Pintura ou Escultura.
2. Acreditar dominio da lingua galega nivel iniciación mediante certificación oficial ou certificado Celga 3.
3. Non gozar con anterioridade á publicación da respectiva convocatoria de bolsas dun período de tempo igual ou superior a vinte e catro meses (24) en bolsas das convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para inventario, catalogación e restauración de fondos de patrimonio moble.
4. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
5. Non ser sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a formación en materia de patrimonio moble galego.
6. Cada solicitante só poderá presentar unha solicitude para unha bolsa como máximo.
Prazo de solicitude: ata o 16 de febreiro de 2015.

AXUDAS PARA INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS E FORESTAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da convocatoria de subvencións da Consellería do Medio Rural e do Mar para os investimentos en mellora das condicións de transformación e comercialización dos produtos agrarios e forestais cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) correspondentes ao exercicio orzamentario de 2015.
A concesión destas axudas efectuarase mediante concorrencia competitiva.
Beneficiarios
1. Poderán acollerse a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas, e as súas agrupacións, que teñan unha actividade económica, sexan titulares das instalacións obxecto de axuda, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren subvencionables. As corporacións locais non poderán ser beneficiarias destas axudas.
2. Os beneficiarios das axudas clasificaranse segundo as seguintes categorías de empresas:
– Microempresa, pequena empresa ou mediana empresa (pemes), tal como se definen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión (DO L 124, do 20.5.2003).
– Empresas intermedias, sendo estas as empresas non pemes que teñan menos de 750 empregados ou un volume de negocios inferior a 200 millóns de euros.
3. As empresas beneficiarias deberán estar incluídas nalgún dos grupos sinalados a continuación, establecidos en función da actividade das empresas, e da normativa comunitaria aplicable.
A. Empresas con investimentos en transformación e comercialización de produtos incluídos no anexo I do Tratado:
A.1) Microempresas, pequenas e medianas empresas e empresas intermedias nas cales o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos estea incluído no anexo I do Tratado. Neste caso, a normativa comunitaria de aplicación será exclusivamente a que regula o Feader.
A.2) Microempresas, pequenas e medianas empresas e empresas intermedias nas cales o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado. Neste caso, a normativa comunitaria de aplicación será a que regula o Feader e a establecida pola Unión Europea para as axudas de estado, e en particular o Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013 (DO L 352, do 24 de decembro) referente á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis.
B. Empresas con investimentos relativos á serradura de madeira:
– Microempresas: neste caso a normativa comunitaria de aplicación será a que regula o Feader e a establecida pola Unión Europea para as axudas de estado e en particular o Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013 (DO L 352, do 24 de decembro) referente á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis.
Prazo de solicitude: ata o 16 de febreiro de 2015.

miércoles, 14 de enero de 2015

AXUDAS PARA CONSTITUIR E INICIAR ACTIVIDADES DE SOCIEDADES DE FOMENTO FORESTAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2015 as axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) mediante convocatoria aberta en réxime de concorrencia competitiva.
Liñas obxecto de axuda
De acordo co disposto nas bases reguladoras, as liñas obxecto de axuda son:
a) Liña 1 de axudas para constituír Sofor, sexa con inscrición previa ou con inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal.
b) Liña 2 de axudas para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal.
beneficiarios
1. De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, poderán solicitar as axudas da liña 1:
a) As agrupacións de persoas propietarias forestais constituídas formalmente e inscritas no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Galicia.
b) Outras entidades xurídicas de dereito privado que agrupen persoas propietarias forestais cunha finalidade de xestionar e comercializar en común os recursos forestais dos terreos que xestionen, inscritas segundo a lexislación sectorial que lle sexa de aplicación.
c) As Sofor con inscrición previa no rexistro (RSofor) para conseguir a súa inscrición definitiva, sempre que non obtivesen subvención para a súa inscrición previa.
2. De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, poderán solicitar as axudas da liña 2 as Sofor con inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal (RSofor).
3. Os mesmos terreos non poderán presentarse en máis dunha solicitude, o que será motivo de inadmisión de todas as solicitudes que se presenten sobre terreos coincidentes.
4. Independentemente do solicitante, o beneficiario final das axudas, tanto para a liña 1 como para a liña 2, será a sociedade de fomento forestal (Sofor) inscrita no RSofor.
5. Para obter a condición de beneficiario, deberán cumprirse os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. Solicitantes e beneficiarios deberán acreditar calquera outro requisito exixido nas bases reguladoras.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 15 de marzo de 2015.

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE INDEMNIZACIÓNS POLO SACRIFICIO OBRIGATORIO DE GANDO

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR



Obxecto: O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio ou morte de animais, ou pola destrución de produtos, no marco de programas ou actuacións oficiais de vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades animais, e pola morte de animais no contexto das medidas de execución de actuacións sanitarias oficiais impostas pola autoridade competente, ou como consecuencia directa de tratamentos, manipulacións preventivas ou con fins de diagnóstico, así como nos demais supostos recollidos na Lei 8/2003, de sanidade animal, e convocalas para o ano 2015 (procedemento MR553C).
Beneficiarios
1. Poderán optar ás indemnizacións previstas no artigo 1 as persoas físicas e xurídicas que sexan titulares:
a) De animais que se sacrifiquen ou morran por resultaren reaccionantes ás probas diagnósticas de tuberculose, brucelose e lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún, ou por ter convivido con animais enfermos e que sexan considerados sospeitosos polos veterinarios actuantes.
b) De animais e os seus produtos de calquera especie, sacrificados/mortos e/ou destruídos por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha das encefalopatías esponxiformes transmisibles.
c) De aves reprodutoras ou poñedoras da especie Gallus gallus e reprodutoras da especie Meleagris gallopavo, sacrificadas por orde da autoridade competente dentro dos programas nacionais de control de salmonela.
d) De aves sacrificadas por mor da declaración oficial dun foco de influenza aviaria ou de enfermidade de Newcastle.
e) De porcos sacrificados/mortos por mor da declaración oficial dun foco de peste porcina clásica ou de peste porcina africana.
f) De animais que se sacrifiquen/morran por resolución da autoridade competente en materia de sanidade animal, afectados por enfermidades distintas das sometidas a programas sanitarios oficiais.
g) De animais que morreran como consecuencia directa de actuacións, tratamentos e manipulacións preventivas ou con fins de diagnóstico e, en xeral, de animais que morran no contexto de medidas de execución de actuacións sanitarias oficiais impostas pola autoridade competente.
h) Os demais supostos recollidos na Lei 8/2003, de sanidade animal, e na normativa estatal e da Unión Europea de desenvolvemento dos programas e das actuacións sanitarias de vixilancia, loita control e erradicación de cada enfermidade.
2. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias das indemnizacións reguladas nesta orde as persoas ou entidades que se atopen en calquera das circunstancias sinaladas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, puntos 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Así mesmo, será de obrigado cumprimento a apreciación recollida no artigo 14 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

AXUDAS PARA EMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais que sexan pemes pero non teñan a condición de microempresa e proceder á súa convocatoria para o ano 2015 en réxime de concorrencia competitiva.
2. Estas axudas ampáranse no Real decreto 752/2010, do 4 de xuño, polo que se aproba o primeiro Programa de desenvolvemento rural sostible para o período 2010-2014, en aplicación da Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, así como no artigo 14, axudas rexionais ao investimento, do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 26.06.2014, L187/1), excepto as axudas aos conceptos indicados no artigo 2.2.b)2º que se ampararán no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).
Beneficiarios
Os beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser peme (pequena e mediana empresa) do sector forestal radicada en Galicia e non ter a condición de microempresa. Tomarase a definición de microempresa ou peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede 43 millóns de euros, pequenas empresas son aquelas empresas que ocupan menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros e microempresas son aquelas empresas que ocupan menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.
b) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:
– Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do importe deste.
– Vendas por importe superior ao triplo do investimento (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).
– Amortizacións máis beneficios superior á sexta parte dos investimentos (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).
– Contratos de venda ou prestación de servizos por importe superior ao investimento.
– Estudo de viabilidade asinado por profesional cualificado.
c) Deberán cumprir a normativa ambiental, que se acreditará coa presentación do documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) (ou certificación da Axencia Tributaria relativa a este) e unha declaración xurada do solicitante de que a empresa cumpre coa normativa ambiental.
d) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de subvención e un contrato de prevención de riscos laborais.
e) Deberán ter, polo menos, o 33 % do cadro de persoal da empresa con contratos por tempo indefinido. Para as empresas de nova creación abondará o compromiso de acadar, como mínimo, o 33 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento. Non será necesario cumprir este requisito nas subvencións inferiores a 60.102 euros. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.
f) Non poderán ser beneficiarios aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, punto 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
g) A súa razón social deberá estar establecida nalgún concello das zonas rurais indicadas no anexo III.
Prazo de solicitude: ata o 14 de febreiro de 2015.

martes, 13 de enero de 2015

SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES PARA A DINAMIZACIÓN DOS CENTROSCOMERCIAIS ABERTOS E PRAZAS DE ABASTOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA


Obxecto: Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria destinadas ao desenvolvemento equilibrado dos centros comerciais abertos e prazas de abastos.
 Así mesmo, por medio desta orde convócase a dita subvención para o ano 2015.
Beneficiarios
Para poder ser beneficiario da subvención deberá presentarse unha solicitude, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, á cal se xuntarán os documentos que se especifican no artigo 4 das bases reguladoras.
Prazo de solicitude: ata o 13 de febreiro de 2015.

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DOS SECTORES DE INDUSTRIA E SERVIZOS PARA O ANO 2015

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto e normativa de aplicación
1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións ás actuacións e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industrial e servizos, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.
2. O procedemento administrativo para a concesión de subvencións será o de concorrencia competitiva e axustarase ao disposto nas propias bases sen prexuízo do establecido na seguinte normativa de alcance xeral: Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276, do 18 de novembro); Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño); Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20, do 29 de xaneiro); Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro); Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e o Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades delas dependentes (DOG nº 241, do 17 de decembro).
3. As axudas recollidas nestas bases incardínanse no réxime de axudas de minimis, establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea as axudas de minimis (DOUE L 352/1, do 24 de decembro de 2013).
 Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector servizos ou da industria. Para efectos desta orde considerarase sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, K, L ,M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industria serán subvencionables as empresas incluídas na Sección C ou D do CNAE-2009, coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo deben estar situados en Galicia.
2. As persoas ou entidades que resulten beneficiarias da subvención e con posterioridade contraten a xestión enerxética, total ou parcialmente, a unha empresa de servizos das definidas no punto anterior deste artigo, poderán solicitar a modificación da resolución de concesión no sentido de que pase a ser beneficiaria esta última, xuntando unha copia do contrato de servizos enerxéticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o cal se solicita a axuda. Esta solicitude deberá presentarse, como mínimo, 20 días hábiles antes da finalización do prazo de xustificación do investimento do proxecto, e poderá dar lugar á minoración da axuda inicialmente outorgada tras a aplicación da metodoloxía de cálculo da axuda segundo o establecido nestas bases, no caso de que se produza unha variación do investimento elixible ou das características técnicas do proxecto.
3. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. Non terán a condición de beneficiarios segundo o disposto no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, as seguintes empresas:
– Aquelas que operan nos sectores da pesca e a acuicultura segundo se recolle no Regulamento (CE) nº 104/2000, do Consello.
– Aquelas que operan na produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.
– Aquelas que operan na transformación e comercialización dos produtos agrícolas:
• Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
• Cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade dela repercuta aos produtos primarios.
– Aquelas cuxas actividades están relacionadas coa exportación a países terceiros ou Estados membros, é dicir, as axudas vinculadas directamente ás cantidades exportadas, ao establecemento e explotación dunha rede de distribución ou a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora.
– Aquelas que condicionen a utilización de produtos nacionais con preferencia sobre os bens importados.
– Aquelas que realicen por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada e soliciten a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías.
Prazo de solicitude: O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais, contados desde o seguinte a aquel en que se publiquen as presentes bases no DOG.

AXUDAS Á APICULTURA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras en réxime de concorrencia competitiva das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o ano 2015.
2. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural e do Mar.
Beneficiarios
1. Poderán optar ás axudas previstas no artigo 2:
a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas. Será requisito para a obtención destas axudas estar inscrito no rexistro oficial apícola da Comunidade Autónoma, polo menos con anterioridade ao primeiro de xaneiro do ano 2014. Ademais, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
b) Cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, integradas na súa maioría por apicultores que cumpran os requisitos da letra a).
Un mesmo apicultor só poderá ser beneficiario da axuda por unha mesma actuación de forma única para cada unha das súas explotacións, ben sexa a título individual ou ben como integrante dunha cooperativa ou organización representativa.
As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas polo seu titular.
2. Para poderen acollerse ás ditas medidas da axuda, os apicultores, a título individual ou como integrantes dunha cooperativa ou organización representativa, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Dispoñer dun seguro de responsabilidade civil.
b) Ser titulares dunha explotación con máis de 50 colmeas se solicitan axuda para realizar a transhumancia.
c) Ter realizada a declaración censual anual referida ao ano 2014.
d) Realizar polo menos un tratamento ao ano contra a varroase, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.
Prazo de solicitude: ata o 12 de febreiro de 2015.

AXUDAS PARA PROGRAMAS DE CALIDADE DESENVOLVIDOS POR CONSELLOS REGULADORES

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas que, en réxime de concorrencia polo sistema de rateo, vai conceder a Consellería do Medio Rural e do Mar para actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade das reguladas no capítulo II do título III da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, ou acollidos á produción ecolóxica, así como efectuar a convocatoria para o ano 2015.
 Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas os consellos reguladores das distintas denominacións de calidade agroalimentaria existentes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 10º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Ademais, os beneficiarios deberán cumprir os requisitos do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de mínimis
Prazo de solicitude: ata o 12 de febreiro de 20105

viernes, 9 de enero de 2015

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO SECTOR VITIVINÍCOLA EN MERCADOS DE TERCEIROS PAÍSES

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e realizar a convocatoria para o ano 2015
Beneficiarios
1. Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Empresas vinícolas, tal como se definen na alínea m) do artigo 2 do Real decreto 1079/2014.
b) As organizacións de produtores, asociacións de organizacións de produtores e organizacións interprofesionais definidas nos artigos 152, 156 e 157 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, recoñecidas polo Estado membro e que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.
c) Órganos de xestión das denominacións de orixe protexidas e das indicacións xeográficas protexidas vínicas.
d) Asociacións de exportadores e consorcios de exportación participados exclusivamente por empresas do sector vitivinícola.
e) Entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.
f) As cooperativas de segundo ou ulterior grao que comercializan viños elaborados polas súas adegas cooperativas asociadas.
g) Así mesmo, e no caso de existir suficiente dispoñibilidade de orzamento, tras a aprobación dos programas correspondentes aos tipos de beneficiarios antes indicados, poderán considerarse tamén beneficiarios os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de viños españois en mercados en terceiros países.
Non obstante, conforme o disposto no número 2 do artigo 8 do Real decreto 1079/2014, non serán admisibles as solicitudes de organismos públicos de ámbito nacional, que, en todo caso, deberán ser presentadas ante o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
2. Os beneficiarios deberán demostrar suficiente capacidade técnica e financeira para afrontar as exixencias de comercio cos terceiros países, e medios para asegurar que a medida se implementa o máis efectivamente posible. Deberán, así mesmo, garantir a dispoñibilidade, en cantidade e calidade, de produtos, para asegurar a resposta fronte ás demandas que se poidan xerar como efecto da promoción realizada.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes será o que se estableza na convocatoria anual correspondente e, en todo caso, rematará antes do 15 de febreiro de cada ano.