martes, 4 de noviembre de 2014

BOLSA FORMATIVA NO EIDO DA ARTESANIA

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO 
ÁREA DE ARTESANÍA E DESEÑO 


Obxecto. 
O obxecto da presente convocatoria é conceder, en réxime de publicidade, obxectividade, transparencia,
igualdade, non discriminación, eficacia, eficiencia e concorrencia competitiva, unha axuda para menores de 
corenta anos con interese demostrable no ámbito do deseño e da artesanía, que desexen ampliar a súa 
formación práctica nas dependencias do CENTRAD, nalgunha das materias que son da súa competencia. 
Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e III detállanse os requisitos específicos que deben reunir as 
persoas solicitantes. 
Requisitos dos solicitantes. 
Para optar ás axudas convocadas pola presente resolución, serán necesarios os seguintes requisitos, que 
deberán cumprirse á data de peche do prazo de presentación de solicitudes: 
1. Posuír a nacionalidade española, ou ser nacional dun país membro da Unión Europea. 
2. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda no momento da notificación. 
3. Non ter sido separado/a do servizo de ningunha administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario. 
4. Non estar incapacitado físicamente ou padecer enfermidade que poda impedir a realización normal da actividade formativa obxecto das axudas que se convocan. 
5. Non atoparse incurso en ningunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, e deberán cumprir as obrigas recollidas no artigo 14 da citada lei. 
6. Acreditación de formación no ámbito da artesanía ou do deseño. 
Prazo de solicitude: ata o 12 de novembro.