lunes, 24 de noviembre de 2014

CORRECCIÓN DE ERROS.- BOLSAS PARA A FORMACIÓN PRÁCTICA NO PARLAMENTO DE GALICIA

BOLSAS PARA A FORMACIÓN PRÁCTICA NO PARLAMENTO DE GALICIA

PARLAMENTO DE GALICIA


A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión do 18 de novembro de 2014, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas, relacionadas todas coa actividade da institución:
a) 4 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
b) 1 bolsa de formación en comunicación institucional.
c) 2 bolsas de formación en publicacións.
d) 1 bolsa de formación en informática.
As bases están dispoñibles no BOPG núm. 375, do 19 de novembro de 2014, e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.es).

jueves, 13 de noviembre de 2014

MODIFICACION DE SUBVENCIÓNS DA CONSELLERIA DE ECONOMIA E INDUSTRIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA



Ampliación ata o 5 de decembro (inclusive).


Ampliación ata o 5 de decembro (inclusive).


Ampliación ata o 19 de decembro (inclusive).

martes, 4 de noviembre de 2014

BOLSA FORMATIVA NO EIDO DA ARTESANIA

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO 
ÁREA DE ARTESANÍA E DESEÑO 


Obxecto. 
O obxecto da presente convocatoria é conceder, en réxime de publicidade, obxectividade, transparencia,
igualdade, non discriminación, eficacia, eficiencia e concorrencia competitiva, unha axuda para menores de 
corenta anos con interese demostrable no ámbito do deseño e da artesanía, que desexen ampliar a súa 
formación práctica nas dependencias do CENTRAD, nalgunha das materias que son da súa competencia. 
Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e III detállanse os requisitos específicos que deben reunir as 
persoas solicitantes. 
Requisitos dos solicitantes. 
Para optar ás axudas convocadas pola presente resolución, serán necesarios os seguintes requisitos, que 
deberán cumprirse á data de peche do prazo de presentación de solicitudes: 
1. Posuír a nacionalidade española, ou ser nacional dun país membro da Unión Europea. 
2. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda no momento da notificación. 
3. Non ter sido separado/a do servizo de ningunha administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario. 
4. Non estar incapacitado físicamente ou padecer enfermidade que poda impedir a realización normal da actividade formativa obxecto das axudas que se convocan. 
5. Non atoparse incurso en ningunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, e deberán cumprir as obrigas recollidas no artigo 14 da citada lei. 
6. Acreditación de formación no ámbito da artesanía ou do deseño. 
Prazo de solicitude: ata o 12 de novembro.

lunes, 3 de noviembre de 2014

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIONS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA

MODIFICACIÓN DAS AXUDAS ÁS MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

PROGRAMA DE AUTOFORMACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA 


RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2014 pola que se convoca o programa de autoformación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática e probas de avaliación de carácter libre.

A cidadanía que desexe participar nesta convocatoria dispón de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra. Por unha banda, pode acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse como usuario/a na rede CeMIT, tal e como se prevé no anexo I. Por outra banda, pode solicitar presentarse ás probas de avaliación presenciais que ofrecen a posibilidade de acreditar as capacidades, destrezas e coñecementos que dan dereito a obter o certificado de equivalencia regulado polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro, e cuxas bases establécense no anexo II. Por tanto, o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas. A pesar diso, só as persoas que se matriculen nestas probas de avaliación presencial e as superen teñen dereito á certificación de competencias dixitais en ofimática.

Por todo iso, e en execución do Plan de formación 2014 da Rede CeMIT, convócase o programa de autoformación nos contidos que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia, cuxas bases se detallan nos anexos desta resolución.