martes, 14 de octubre de 2014

AXUDAS PARA O INICIO DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS NO CURSO 2014/2015 NAS UNIVERSIDADES DO SUG.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto: O obxecto desta orde é convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula universitaria dos alumnos e alumnas que inicien estudos universitarios no curso 2014/15 no Sistema universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao.
Requisitos dos/as solicitantes:Poderán solicitar estas axudas os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Acreditar unha cualificación nas probas de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permita o acceso cunha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a fase específica.
b) Posuír a nacionalidade española, ou doutro país da Unión Europea ou de terceiros países, cando se acredite a condición de residente en España, quedando excluídos os que estean en situación de estadía.
c) Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2014/15 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao.
d) Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.
e) Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula previstos no artigo 11 do Decreto 77/2014, do 20 de xuño (DOG núm. 123, do 1 de xullo), polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional no ensino universitario para o curso 2014/15.
f) Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:
• Familias de 1 membro: 14.112,00 euros.
• Familias de 2 membros: 24.089,00 euros.
• Familias de 3 membros: 32.697,00 euros.
• Familias de 4 membros: 38.831,00 euros.
• Familias de 5 membros: 43.402,00 euros.
• Familias de 6 membros: 46.853,00 euros.
• Familias de 7 membros: 50.267,00 euros.
• Familias de 8 membros: 53.665,00 euros.
A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 euros por cada novo membro computable da familia.
g) Non ter recibido esta axuda en convocatorias anteriores.
Prazo de solicitude: ata o 8 de novembro de 2014.