lunes, 27 de octubre de 2014

SUBVENCIÓN PARA O FINANCIAMENTO DE PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS TRABALLADORAS OCUPADAS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto da convocatoria:Esta orde ten por obxecto a aprobación da convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación de ámbito autonómico dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.
Finalidade e principios que rexen a concesión das subvencións:
1. As subvencións que se concedan ao amparo desta convocatoria terán como finalidade financiar os plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas que ofrezan unha formación axustada ás necesidades do mercado de traballo que atenda aos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas e as aspiracións de mellora da empregabilidade e de promoción profesional e desenvolvemento persoal dos traballadores.
2. A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27 de novembro de 2014.

martes, 14 de octubre de 2014

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS ACCIÓNS FORMATIVA E DE TRANSFERENCIA TECNOLÓXICA ENTIDADES SECTOR AGRARIO

AMPLIACION ORZAMENTARIA PROGRAMA INCENTIVOS PARA PROMOVER A AFILIACIÓN Á SS DAS MULLERES COTITULARES DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

AXUDAS PARA A MATRÍCULA NUN MÁSTER UNIVERSITARIO OFICIAL, DESTINADOS A TITULADOS/AS UNIVERSITARIOS/AS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto:O obxecto desta convocatoria é convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2014/15.
Requisitos dos/as solicitantes: Poderán solicitar estas axudas os/as titulados/as universitarios/as en situación de desemprego na data de publicación desta orde e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión dun título universitario, expedido con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2011, que lle dea acceso aos estudos de máster universitario.
b) Estar matriculado/a no curso 2014/15 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos.
c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia como mínimo nos tres últimos anos anteriores á data da publicación desta convocatoria.
d) Estar inscrito/a como demandante de emprego, como mínimo, durante un período de 180 días no ano inmediatamente anterior contado de data a data desde a data de presentación da solicitude.
e) Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula previstos no artigo 11 do Decreto 77/2014, do 20 de xuño (DOG nº 123, do 1 de xullo), polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional no ensino universitario para o curso 2014/15.
f) Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.
Prazo de solicitude: ata o 8 de novembro de 2014.

AXUDAS PARA O INICIO DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS NO CURSO 2014/2015 NAS UNIVERSIDADES DO SUG.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto: O obxecto desta orde é convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula universitaria dos alumnos e alumnas que inicien estudos universitarios no curso 2014/15 no Sistema universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao.
Requisitos dos/as solicitantes:Poderán solicitar estas axudas os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Acreditar unha cualificación nas probas de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permita o acceso cunha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a fase específica.
b) Posuír a nacionalidade española, ou doutro país da Unión Europea ou de terceiros países, cando se acredite a condición de residente en España, quedando excluídos os que estean en situación de estadía.
c) Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2014/15 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao.
d) Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.
e) Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula previstos no artigo 11 do Decreto 77/2014, do 20 de xuño (DOG núm. 123, do 1 de xullo), polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional no ensino universitario para o curso 2014/15.
f) Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:
• Familias de 1 membro: 14.112,00 euros.
• Familias de 2 membros: 24.089,00 euros.
• Familias de 3 membros: 32.697,00 euros.
• Familias de 4 membros: 38.831,00 euros.
• Familias de 5 membros: 43.402,00 euros.
• Familias de 6 membros: 46.853,00 euros.
• Familias de 7 membros: 50.267,00 euros.
• Familias de 8 membros: 53.665,00 euros.
A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 euros por cada novo membro computable da familia.
g) Non ter recibido esta axuda en convocatorias anteriores.
Prazo de solicitude: ata o 8 de novembro de 2014.

LEI 8/2014, DO 26 DE SETEMBRO, DE REFORMA DA LEI 1/1993 DE PROTECCIÓN DE ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES EN CATIVIDADE

LEI 7/2014, DO 26 DE SETEMBRO, DE ARQUIVOS E DOCUMENTOS DE GALICIA

jueves, 2 de octubre de 2014

AXUDAS PARA O FOMENTO DA SILVICULTURA EN BOSQUES NO MEDIO RURAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto:Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para fomentar a silvicultura en bosques no medio rural e proceder á súa convocatoria para o ano 2014 en réxime de concorrencia competitiva.
 Ámbito de aplicación: O disposto nesta orde será de aplicación a todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión:
a) Dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.
b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.
c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.
d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as sociedades ou agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC).
2. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan propietarios ou titulares dos terreos obxecto de axuda. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2º e 10.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no rexistro provincial de montes veciñais en man común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poderen acceder a estas subvencións, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 3 de novembro de 2014.