viernes, 4 de julio de 2014

SUBVENCION PARA A CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS NOS CENTROS TECNOLÓXICOS NON CONSOLIDADOS DE GALICIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


Obxecto: Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Galega de Innovación dirixidas aos centros tecnolóxicos non consolidados de Galicia co fin de incentivar a transferencia de resultados da investigación, do coñecemento e das capacidades tecnolóxicas dos centros ao mercado.
Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para o ano 2014 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código procedemento IN845C).
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas os centros tecnolóxicos non consolidados da Comunidade Autónoma de Galicia con personalidade xurídica propia sen ánimo de lucro, públicos ou privados, que realicen actividades de investigación e/ou innovación, e que teñan persoal propio. Os beneficiarios deberán contar na data de peche da convocatoria cunha estrutura mínima do cadro de persoal dunha media de 10 traballadores contratados a tempo completo, dos cales 6 deben destinarse exclusivamente a actividades investigadoras (no caso de traballadores a xornada parcial axustarase o equivalente a xornada completa) e ademais cun mínimo de inmobilizado material de 150.000,00 €.
Nesta convocatoria non poderán participar os centros dependentes do Sistema Universitario de Galicia (SUG) nin os que teñan a consideración de centros tecnolóxicos consolidados que figuran inscritos ou teñan resolución de recoñecemento como centro tecnolóxico ou centro de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal no rexistro regulado no Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros.
Prazo de solicitude: ata o 4 de agosto de 2014.