viernes, 4 de julio de 2014

AXUDAS AO FOMENTO DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto da orde
A presente orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Consellería do Medio Rural e do Mar destinadas ás organizacións ou asociacións de gandeiros, recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento das razas autóctonas galegas.
Obxecto da axuda
As presentes axudas, tramitadas en réxime de concorrencia competitiva, teñen como finalidade:
1. O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa viabilidade e do nivel de vida dos gandeiros.
2. A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal.
3. A mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións.
4. A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.
Beneficiarios
Poderán acollerse ás axudas descritas nesta orde as organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas, recoñecidas pola comunidade autónoma, que cumpran os requisitos seguintes:
a) Carecer de ánimo de lucro.
b) Estar oficialmente recoñecidas para a xestión do libro ou libros xenealóxicos da raza ou razas autóctonas españolas pola Comunidade Autónoma galega.
c) No caso de que existan varias asociacións recoñecidas para unha mesma raza, xa sexa na mesma comunidade autónoma ou en distintas comunidades autónomas, deberán estar integradas nunha única asociación de segundo grao, segundo establece o artigo 13.1 do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro, polo que se establece o Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras, para poder acceder a estas axudas, e deberá ser a dita asociación de segundo grao a solicitante das axudas.
d) Cumprir os requisitos exixidos polos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e, se é o caso, o recollido nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como ter a condición de peme de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (CE) núm. 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado.
e) Cumprir coas obrigas previstas no artigo 11 do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro.
Prazo de solicitude: ata o 4 de agosto de 2014.