jueves, 26 de junio de 2014

PROGRAMA DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO IEBT

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto
Coa finalidade de impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2014 do programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como Iebt e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.
Para poder acceder ás distintas liñas de axudas desta orde deberase crear emprego estable para persoas desempregadas.
Tipos de axuda
As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
c) Apoio á función xerencial.
d) Subvención financeira.
e) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
Prazo de solicitude:  O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas do programa regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2014.