martes, 29 de abril de 2014

SUBVENCIÓN PARA FINANCIAMENTO DAS BOLSAS ÁS PERSOAS NOVAS QUE REALIZAN PRÁCTICAS NON LABORAIS EN EMPRESAS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto e ámbito de aplicación
1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento ás empresas das bolsas dos mozos e mozas que realizan prácticas non laborais nestas empresas.
2. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde tramitaranse de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego de Galicia no marco do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, subscriban acordos con mozos e mozas para a realización de prácticas non laborais.
Prazo de solicitude: O prazo para a presentación das solicitudes de axudas comezará ao día seguinte da publicación da presente orde e rematará o 15 de novembro de 2014.