miércoles, 2 de abril de 2014

SUBVENCIÓN A INVESTIMENTOS NO ÁMBITO DA ACUICULTURA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto: Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas a mellorar a competitividade do sector acuícola en Galicia, así como proceder á súa convocatoria para o exercicio 2014.
Estas axudas poderán financiar:
a) Investimentos produtivos en acuicultura.
b) Medidas hidroambientais.
Para o obxecto desta orde, entenderase por acuicultura a cría ou cultivo de organismos acuáticos con técnicas encamiñadas a aumentar, por riba das capacidades naturais do medio, a produción dos organismos en cuestión. Estes serán, durante toda a fase de cría ou de cultivo e ata o momento da súa colleita, propiedade dunha persoa física ou xurídica de acordo co artigo 4 desta orde.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas nesta orde as persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos de cultivos mariños ou de establecementos en augas continentais inscritos no Rexistro de Centros de Acuicultura, de conformidade co disposto na Orde da Consellería de Medio Ambiente do 25 de outubro de 1999, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia e aquelas que establezan nela novos centros. Tamén poderán ser beneficiarias das axudas as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, sempre que subscriban todos e cada un dos seus membros a solicitude, estean constituídas por titulares de establecementos de acuicultura e as súas federacións, teñan a sede en Galicia e realicen a súa actividade nesta comunidade. Estas entidades non se poderán disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 2 de maio de 2014.