martes, 29 de abril de 2014

SUBVENCIÓN A FAMILIAS PARA A ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS DE TDT MEDIANTE RECEPCIÓN SATELITAL

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto: As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto posibilitar o acceso ao servizo público e ao servizo de interese xeral da televisión dixital terrestre vía satélite nas zonas con deficiencia de cobertura das redes terrestres aos beneficiarios definidos no artigo 4 das presentes bases.
Estas axudas xestionaranse a través de entidades colaboradoras, encargadas da subministración do equipamento e os trámites necesarios para a activación do servizo, actuando tamén como canle entre os beneficiarios solicitantes e a Secretaría Xeral de Medios. Para estes efectos, os solicitantes destas subvencións, pola simple presentación da solicitude, prestan o seu consentimento á entidade colaboradora correspondente para que esta efectúe no seu nome todos os trámites encamiñados á obtención da subvención nos termos previstos nestas bases. Os beneficiarios terán completa liberdade para elixir a empresa instaladora que prefira de entre as adheridas á convocatoria para actuar como entidade colaboradora. A relación de entidades colaboradoras, así como o orzamento de referencia de cada unha delas, está dispoñible na páxina web oficial da secretaría:
http://medios.xunta.es
Estas bases reguladoras establecen a tramitación do procedemento por medios electrónicos, a través das entidades colaboradoras seleccionadas, nos termos previstos no título III da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e no capítulo V do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
O procedemento de concesión das devanditas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
Beneficiarios: Os destinatarios das subvencións son as familias titulares ou residentes en vivendas e edificacións situadas en zonas para revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia.
Para os efectos do previsto neste punto, terán a consideración de familias as constituídas por un ou máis membros. No caso de que a familia estea constituída por máis dun membro solicitarase a axuda por un dos membros da unidade familiar en representación de todos eles, de acordo co establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Así mesmo, e segundo o sinalado no artigo 1 da Lei 7/2009, do 3 de xullo, de medidas urxentes en materia de telecomunicacións, o servizo de televisión dixital terrestre por satélite, está limitado aos cidadáns que residan en zonas nas que, unha vez concluída a transición á televisión dixital terrestre, non vaia existir cobertura do servizo de televisión dixital terrestre de ámbito estatal.
Prazo de solicitude: O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2014.