miércoles, 9 de abril de 2014

BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS NA ÁREA DE EMPREGO, ECONOMÍA SOSTIBLE E DEMOGRAFÍA

ÁREA DE EMPREGO, ECONOMÍA SOSTIBLE E DEMOGRAFÍA 


Obxecto 
 O obxecto da presente convocatoria é conceder, en réxime de publicidade, obxectividade, transparencia, 
igualdade, non discriminación, eficacia, eficiencia e concorrencia competitiva, dúas axudas: 
• Unha para licenciados en xornalismo ou ben alumnos que estean cursando último ano do grao da devandita licenciatura de calquera universidade española. 
• E outra para licenciados en publicidade e relacións públicas ou ben alumnos que estean cursando último ano do grao da devandita licenciatura de calquera universidade española. 
 E que desexen ampliar a súa formación práctica na Área de Emprego, Economía Sostible e Demografía, nalgunha das materias que son da competencia da Deputación Provincial de Lugo. 
Presentación das solicitudes e prazo. 
 A solicitude, xunto coa documentación adicional requirida, presentarase conforme ao modelo oficial que figura nos anexos I e III, dirixíndoa ao Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Lugo e presentándoa, preferentemente no Rexistro Xeral da Deputación ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro e a Lei 4/99 de modificación da anterior, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, no prazo de oito días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no BOP. As solicitudes presentadas fóra de prazo, en ningún caso, serán admitidas para participar na convocatoria. 
Calquera requerimento ou notificación posterior á convocatoria, que se faga no presente procedemento selectivo publicárase no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación de Lugo.