jueves, 10 de abril de 2014

AXUDAS PARA O PROGRAMA CONECTA CON GALICIA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto: Esta resolución ten por obxecto regular e convocar as axudas correspondentes ao programa Conecta con Galicia para o ano 2014, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.
Modalidades, número de prazas convocadas e características: O programa Conecta con Galicia desenvolverase nas seguintes modalidades:
1. Actividades de aire libre: convócanse 170 prazas, para mozos e mozas residentes fóra de Galicia, con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos, en dúas quendas de 12 días de duración cada unha, durante o mes de xullo, en residencias e albergues xuvenís situados en Galicia dependentes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, xunto con mozos e mozas residentes en Galicia, para a realización das seguintes actividades:
a) Cultura e camiño. Os participantes aloxaranse seis días, preferentemente, nas residencias xuvenís LUG II en Lugo e Florentino López Cuevillas en Ourense, participarán en actividades para coñecer o patrimonio histórico cultural das respectivas zonas e percorrerán o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.
b) O mar de Galicia. Os seis días restantes aloxaranse en zona de costa, preferentemente, no albergue xuvenil Gandarío en Bergondo (A Coruña), onde realizarán actividades de náutica, de recreo e de coñecemento do medio mariño.
A distribución do número de prazas para cada país de orixe, idades e quendas detállase no anexo I da presente resolución.
2. Campos de traballo: convócanse 20 prazas para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos. As instalacións e datas concretas adaptaranse ao disposto na convocatoria do programa de campos de traballo da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental do noso contorno e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de formación, de lecer e tempo libre.
A distribución do número de prazas para cada país de orixe, detállase no anexo II da presente resolución.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarios deste programa os mozos e mozas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter residencia habitual fóra de Galicia.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de galego/a ata o segundo grao de consanguinidade.
c) Ter nacionalidade española.
d) Estar vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes, para aquelas persoas solicitantes que teñan 18 ou máis anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Este requisito non será exixible aos participantes procedentes do resto de España.
e) As persoas participantes en actividades de aire libre deberán ter, o 30 de xuño de 2014, unha idade comprendida entre os 14 e os 20 anos.
f) As persoas participantes nos campos de traballo deberán ter, o 30 de xuño de 2014, unha idade comprendida entre os 20 e os 30 anos.
g) Non ter participado na mesma modalidade en edicións anteriores deste programa.
h) Para as prazas financiadas ao 100 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán contar con ingresos superiores a dúas veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano 2014. Para as persoas solicitantes residentes en Cuba, os ingresos non poderán ser superiores á prestación económica por ancianidade establecida polo Estado español para o ano 2014.
Prazo de solicitude: ata o 10 de maio de 2014.