jueves, 26 de diciembre de 2013

AXUDAS PARA OS INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS E FORESTAIS

CONSELLERIA DO MEDIO RURAL E DO MAR



Obxecto: establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións da Consellería de Medio Rural e do Mar para os investimentos en mellora das condicións de transformación e comercialización dos produtos agrarios e forestais para o periodo 2007-2013 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e convocar ás correspondentes ao exercicio orzamentario 2014.
Beneficiarios: poderán acollerse a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas, que teñan unha actividade económica, sexan titulares das instalacións obxecto de axuda, e sobre as cales recaiga a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren subvencionables. As corporacións locais non poderán ser beneficiarias destas axudas.
Prazo de solicitude: ata o 27 de xaneiro.

martes, 24 de diciembre de 2013

AXUDAS PARA A CREACIÓN E A MELLORA DE MICROEMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS

CONSELLRÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto: establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais e proceder a súa convocatoria para o 2014.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 24 de xaneiro.

AXUDAS A AGRUPACIÓNS DE PRODUTORES PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN E PROMOCIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto: establecer as bases reguladoras das axudas que, en réxime de concorrencia competitivs, vai conceder a Consellería do Medio Rural e do Mar para a actuacións de información a promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada.
Beneficiarios: as agrupacións de produtores que participen nalgún programa de calidade diferenciada de alimentos que se atopen nalgún dos casos recollidos no artigo 2.2 desta e que se refiran a produtos expresamente recollidos no PDR 2007/2013 de Galicia para a medida 133.
Prazo de Presentación: o que se establezca na convocatoria anual, correspondente.

lunes, 23 de diciembre de 2013

AXUDAS A INQUILINOS DO PROGRAMA ALUGA 2014

INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO


Obxecto:O obxecto desta resolución é proceder á convocatoria no exercicio 2014, en réxime de concorrencia non competitiva, da axuda ás persoas inquilinas para o financiamento parcial da renda prevista no Decreto 84/2010, do 27 de maio.
Beneficiarias: Serán beneficiarias da axuda ás persoas inquilinas as unidades familiares ou de convivencia que reúnan os requisitos e condicións sinalados no artigo 43.2 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.
Prazo de presentación: as solicitudes de axuda ás persoas inquilinas deberán presentarse antes do día 10 do mes de data de efectos do contrato de arrendamento formalizado ao abeiro do Programa Aluga.
No caso de prórroga do contrato de arrendamento, a solicitude deberá presentarse antes do día 15 do segundo mes anterior ao de vencemento da vixencia do periodo inicial ou da correspondente prórroga do contrato de arrendamento.

CORRECCIÓN DE ERROS DE AXUDAS DO IGAPE

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA







CORRECCIÓN de erros. Resolución do 5 de decembro de 2013 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (Galicia Inviste).


CORRECCIÓN de erros. Resolución do 5 de decembro de 2013 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (Galicia Emprende).
   

viernes, 13 de diciembre de 2013

AXUDAS AOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA 


Obxecto: Estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de incrementar, manter e dinamizar a actividade económica na comunidade autónoma, favorecer o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e lograr o incremento do emprego a través do desenvolvemento e mellora da competitividade das empresas existentes, así como a creación e a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
Liñas de axudas:
-Liña de axuda ao investimento para a creación dun novo establecemento, ampliación, diversificación da produción ou cambio no proceso produtivo, dirixida a proxectos ou actividades dos sectores da industria, turismo e transporte e servizos de apoio industrial.
-Liña de axuda para proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego, dirixida a actividades terciarias destinadas ao consumo por terceiros ou unidades produtivas da mesma empresa ou grupo empresarial e que deberán caracterizarse polos altos requerimentos de capital humán e tecnolóxico.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 14 de decembro ata o 30 de abril de 2014, ou no momento de esgotamento do crédito orzamentario que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS A PROXECTOS DE CREACIÓN DE PEMES OU REALIZACION DE INVESTIMENTOS (GALICIA EMPRENDE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Serán subvencionables os proxectos de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas ou de realización  de investimentos en pequenas e medianas empresas novas, promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento, que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, entre eles:
a) Non teñan comezado antes da presentación da solicitude de axuda
b) Presenten un custo subvencionable superior a 35.000 € e non superior a 500.000 €, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión, se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reducirá a base subvencionable a esa cantidade.
c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizadas no centro de traballo da empresa en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes:
Desde o 2 de xaneiro ata o 30 de abril de 2014, ou no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que sairá publicado no Diario Oficial de Galicia


miércoles, 11 de diciembre de 2013

BOLSAS DE FORMACIÓN EN INVESTIGACIÓN MARIÑA

CORRECION ERROS.- AXUDAS ÁS AGRUPACIÓNS EMPRESARIAIS INNOVADORAS

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DE AXUDAS DA CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR

AMPLIACIONS ORZAMENTARIAS DE AXUDAS DA CONSELLERIA DE MEDIO RURAL E DO MAR

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR



AXUDAS DE APOIO ÁS INICIATIVAS ABERTAS DE DIFUSIÓN

AXUDAS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTO TECNOLÓXICO DAS PEMES NO SECTOR SERVIZOS