viernes, 18 de octubre de 2013

SUBVENCIÓN PARA CONTRATACIÓN DE AXENTES DE EMPREGO E UNIDADES DE APOIO EN ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

MODIFICACIÓN.- PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL PARA A UTILIZACIÓN SUSTENTABLE DAS TERRAS AGRÍCOLAS

MODIFICACIÓN.-PROGRAMAS FOMENTO DO EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL E DE PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO

miércoles, 16 de octubre de 2013

SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DA PROPIEDADE INDUSTRIAL

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


Obxecto: Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para o fomento da propiedade industrial (código de rocedemento N525A), que se inclúen como anexo I.
Prazo de Solicitude: Ata o 15 de novembro de 2013.

AXUDAS A FORMACIÓN POSDOUTORAL DO PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN

lunes, 14 de octubre de 2013

BOLSAS PARA A FORMACIÓN PRÁCTICA NO PARLAMENTO DE GALICIA.

PARLAMENTO DE GALICIA


Convocatoria para a concesión das seguinte bolsas:
a) 4 bolsas de formación en arquivo,biblioteca e documentación.
b) 1 bolsa de formación en comunicación institucional.
c) 1 bolsa de formación en publicacións.
d) 2 bolsas de formaciín en informática. 

As bases están dispoñibles no BOPG nº172, fascículo 2, dp 4 de outubre de 2013 e na páxina web do Parlamento de Galicia.
As solicitudes poderán presentarse no prazo de 20 días naturais, desde o 15 de outubro.

CORRECCION DE ERROS.- AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS E DE TRANSFERENCIA TECNOLÓXICA

lunes, 7 de octubre de 2013

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA DE BONOS DE INNOVACIÓN

SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DE PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS TRABALLADORAS OCUPADAS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto
Esta orde ten por obxecto a aprobación da convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico.
Finalidade e principios que rexen a concesión das subvencións
1. As subvencións que se concedan ao amparo desta convocatoria terán como finalidade financiar os plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, que ofrezan unha formación axustada ás necesidades do mercado de traballo que atenda aos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas e as aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal dos traballadores.
2. A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade.

viernes, 4 de octubre de 2013

AXUDAS Á OBTENCIÓN DE MASTERS UNIVERSITARIOS

CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto da convocatoria
Esta orde ten como obxecto convocar axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para financiar os gastos derivados da matrícula dun máster universitario oficial, ofertado polas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, no curso 2013/14. Para os efectos desta convocatoria, os másteres do Sistema universitario de Galicia a que poden concorrer os solicitantes serán os que figuran no anexo II desta orde de convocatoria
Natureza e contía da axuda
1. A contía da axuda consistirá no pagamento do importe total da matrícula do máster universitario que realice o beneficiario no curso 2013/14.
2. O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos, ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada, de conformidade co artigo 17, punto 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Solicitantes
Poderán solicitar esta axuda os titulados que se atopen en situación laboral de desemprego e estean inscritos como demandantes de emprego, matriculados/as no curso 2013/14 nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo en estudos universitarios conducentes á obtención dun título oficial de máster universitario dos relacionados no anexo II.
Prazo de solicitude: ata o 4 de novembro de 2013 

martes, 1 de octubre de 2013

135 BOLSAS FORMATIVAS PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS DE MELLORA DE PEMES

INSTITUTO GALEGO PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto: a concesión de 135 de bolsas para a realización de prácticas formativas incardinadas en programas de mellora nas pemes galegas, segundo o plan formativo do anexo III destas bases, coa finalidade de formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa. Entre outros:
• Optimización financeira/mellora do circulante.
• Profesionalización da produción.
• Relanzamento comercial.
• Xestión por procesos.
• Imaxe e comunicación empresarial.
• Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.
• Desenvolvemento de plans de acción.
• Identificación e desenvolvemento de redes de cooperación e socios.
• Innovación na empresa.
• Desenvolvemento do capital humano.
• Execución de vixilancia tecnolóxica/intelixencia competitiva.
Os titulados incorporaranse, en primeiro lugar, a un itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa, e, a continuación, realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora a implantar en pequenas e medianas empresas, período en que recibirán formación e titorización directamente por parte do axente colaborador.
Requisitos dos solicitantes: Poderán presentar solicitude para acollerse a estas bolsas aqueles titulados que cumpran os seguintes requisitos:
1.- O cumprimento dalgunha das seguintes condicións:
– Ter veciñanza administrativa en Galicia cunha antigüidade superior a 24 meses.
– Ser natural de Galicia.
– Ser fillo ou descendente en liña directa ata o terceiro grao, de emigrantes galegos no exterior.
2.- Cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser considerado beneficiario de subvencións.
3.- Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes: Física, Enxeñaría, Matemáticas, Química, Ciencias Económicas e Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Empresariais, Economía e Dereito. A titulación deberá terse obtido con posterioridade á data indicada na resolución de convocatoria.
Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
Prazo de solicitude: ata o 1 de novembro de 2013.

AXUDAS PARA O FOMENTOS DE PLANTACIÓNS DE CASTIÑEIRO PARA FROITO

CONSELLERIA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto:  Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para fomentar a creación e regulación de espazos con elevado interese socioeconómico para a diversificación de producións mediante la plantación de castiñeiro para froito e proceder á súa convocatoria para o ano 2013 en réxime de concorrencia competitiva.
Tipos de superficies obxecto de axuda
1. Poderá ser obxecto de axuda todo tipo de terreos que estean identificados no Sistema de Identificación Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) agás camiños.
2. En todo caso, será de aplicación o disposto no capítulo II da Orde do 24 de xaneiro de 2005 (DOG nº 19, do 28 de xaneiro), da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, que establece o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas en Galicia.
3. Non se poderán realizar solicitudes de axuda sobre hábitats prioritarios.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde as sociedades de fomento forestal, os propietarios particulares de xeito individual, as sociedades ou agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas ou as comunidades de montes veciñais en man común.
2. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan propietarios ou titulares dos terreos obxecto de axuda. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2º e 10.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro provincial de montes veciñais en man común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Intensidade da axuda
A intensidade de axuda para estas actuacións será como máximo do 60% en zonas desfavorecidas (ver anexo IV) e do 50 % noutras zonas, calculándose a axuda sobre o custo real subvencionable do investimento determinado, IVE excluído no correspondente proxecto técnico.
Prazo de solicitude: ata o 1 de novembro.