lunes, 17 de junio de 2013

AXUDAS Á REORIENTACIÓN E COMPETITIVIDADE DAS PEMES GALEGAS


Proxectos obxecto de apoio1.1. Co obxectivo de incentivar proxectos e actuacións empresariais de distinta tipoloxía, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de iniciativa:
1.1.1. Segundo a regulación específica establecida no artigo 6 poderán ser subvencionables proxectos de equipamentos tecnolóxicos para a innovación das pemes cun investimento subvencionable entre 300.001 e 500.000 € (procedemento IG103).
1.1.2. Segundo a regulación específica establecida no artigo 7 poderán ser subvencionables proxectos de equipamento das pemes no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 € (procedemento IG174).
1.2. Requisitos dos proxectos subvencionables:a) Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica, financeira e, se é o caso, ambiental.
b) O beneficiario deberá achegar unha contribución financeira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.
c) Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no Igape. Non se poderá incorrer en ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable. Serán subvencionables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude de axuda e dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 17 de xullo.