martes, 7 de mayo de 2013

AXUDAS PARA PREVENCIÓN, PROTECCIÓN, MELLORA E COÑECEMENTO AMBIENTAL

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Obxecto e finalidade: regular a concesión, polo procedemento de concorrencia competitiva, e facer pública para o ano 2013 a convocatoria de subvencións para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.
Beneficiarios: Con carácter xeral, poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan na presente orde as pequenas e medianas empresas (pemes) que, cumprindo o establecido neste artigo, teñan o seu domicilio social ou algún dos seus centros no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e sexa neste mesmo ámbito territorial no cal desenvolvan ou materialicen o proxecto ou actuación obxecto da subvención.
En particular, para a realización de estudos de análise de riscos ambientais consideraranse beneficiarias unicamente as Pemes que, ademais de cumprir o establecido no punto anterior, estean incluídas no ámbito de aplicación da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrado da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo).
Prazo de solicitude: ata o 7 de xuño.