viernes, 10 de mayo de 2013

AXUDAS PARA FOMENTO DE CONTRATACIÓN DE SEGUROS AGRARIOS


Obxecto: establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios e convocalas para o ano 2013, para os seguros incluídos no Plan de seguros agrarios  combinados para o exercicio 2013, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.
Beneficiarios: os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do plan 2013 e liñas gandeiras dos plans 2012 e 2013, formalizadas en 2013, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de piscifactorías de troitas. As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal.
Entrada en vigor: a partir do 10 de maio.